Información
Agenda de Galicia

O III Congreso de Etoloxía Clínica cita esta fin de semana máis de 100 participantes na Facultade de Veterinaria do Campus Terra

Información
Localidades de Galicia 11 Marzo 2018 846 Votos

Cartaz do III Congreso de Etoloxía Clínica

A terceira edición do Congreso de Etoloxía Clínica congregará esta fin de semana no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC máis cun centenar de participantes, entre alumnado, profesionais veterinarios e adestradores de animais, que aproveitarán as distintas sesións programadas durante a xornada do sábado e a mañá do domingo para abordar diferentes cuestións relacionadas co comportamento dos animais, así como a súa posible incidencia na mellora do grao de eficiencia da prestación de servicios e asistencia veterinaria.

 

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo e tamén profesor da USC na Facultade de Veterinaria de Lugo, Andrés Barreiro Lois, abrirá este sábado, a partir das 9.00 horas, o foro monográfico promovido pola Asociación Universitaria de Etoloxía Clínica Veterinaria Gueca Lugo, no marco dunha sesión na que tamén intervirán Ángela González Martínez, doutora en Veterinaria e Diplomada Europea en Medicamento do Comportamento; Luís Felipe da Cruz Palomino, director xerente da Fundación Rof Codina, e Manuel Ramón Díaz Horcajada, presidente de Gueca.

 

A veterinaria Cristina Ortega abrirá a quenda de intervencións deste congreso cunha exposición sobre casos de etoloxía clínica felina. De seguido, o tamén veterinario e estudoso do comportamento dos animais disertará sobre estratexias de enriquecemento ambiental en mascotas exóticas.

 

O programa vespertino deste congreso sobre etoloxía clínica, en cuxa organización tamén colaboran coa asociación estudantil Gueca Lugo, a Fundación Rof Codina e a USC, así como empresas, tales como Royal Canin, Ceva, Galeno e KNS edicións, comezará cunha exposición da investigadora veterinaria Ana Bugueiro, quen tratará a lóxica do benestar animal, así como a incidencia deste parámetro na mellora da súa produción.  A última das sesións programadas o sábado abordará o comportamento dos équidos e estará guiada por Tomás Camps, que tratará cuestións relativas ao comportamento dos cabalos, tanto as ligadas a necesidades de conduta, como a problemas de comportamento e benestar.

 

A xornada do domingo botará a andar, ás 9.30 horas no mesmo escenario, cun relato a cargo da profesora da Facultade de Veterinaria da USC Maruska Suárez Rey, quen afondará sobre as condicións médicas a ter en consideración ma medicina do comportamento. A presentación de comunicacións científicas por parte dos participantes servirá de colofón do congreso.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi