Información
Agenda de Galicia

O 10 de Marzo, seguen na rúa mobilizandose pola recuperación dos dereitos, contra a precariedade e a pobreza

Información
Localidades de Galicia 09 Marzo 2018 621 Votos

O próximo 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, a CIG mobilizarase pola recuperación dos nosos dereitos laborais e sociais e contra a precariedade e a pobreza. Nesta data reivindicativa, a central sindical chama a participar nas manifestacións que ten convocadas en Ferrol e Vigo para combater e derrotar todas as contrarreformas que nos impuxeron e para esixir emprego, salarios e unhas pensións dignas.

 

Mobilizacións do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega

 - Ferrol, ás 12:00 horas manifestación dende o local do sindicato (Avenida do Esteiro) até o monumento ao 10 de Marzo, onde se realizará a tradicional ofrenda floral.

- Vigo, ás 12:00 horas manifestación dende o cruce da Dobrada.

Medra a precariedade e a pobreza laboral

Despois de oito anos de crise económica e dos efectos das reforma laborais e sociais, que dende o 2010 se nos están a impor, primeiro co Goberno do PSOE, e desde o 2012, co Goberno do PP, vai en aumento o retroceso das nosas condicións de vida e dos nosos dereitos laborais e sociais.

A precariedade e a pobreza laboral, o medre das contratacións a xornada parcial, dos contratos que duran horas, días ou como máximo unha semana,  a caída dos salarios, o aumento dos e das traballadoras con ingresos inferiores ao SMI, ou quen estando no paro non percibe ningunha prestación por desemprego, é unha realidade que vai camiño de ser estrutural.

Na negociación colectiva, consolídase  un novo marco que descaradamente favorece ao capital, individualizando as relación laborais, materializando o ataque aos nosos dereitos a través da reforma laboral e da centralización da negociación colectiva, coa imposición de convenios estatais fronte aos provinciais e de ámbito galego. 

Corremos o perigo da consolidación dunha situación social sen saída, dun empobrecemento xeneralizado e do asentamento, de forma permanente, das novas formas de explotación laboral, das cadeas interminábeis de subcontratación, dos falsos autónomos, de empresas multiservizos,  xunto cunha interminábel emigración que, desde o comezo da crise, significou a marcha da Galiza de 153.000 mozos e mozas.

A submisión da Xunta de Galiza

Ás negativas consecuencias de todo isto,  súmanselle as actuacións servís e submisas do Goberno de Feixoo ás políticas neoliberais emanadas da Unión Europea e de Madrid. Fronte á grave destrución dos nosos sectores produtivos básicos, o desmantelamento industrial, o espolio que sufrimos da nosa enerxía, do noso aforro, das nosas materias primas e do noso excedente económico;  a única preocupación do Goberno da Xunta é facilitar a aplicación de leis, como a Lei de Depredación (Lei de Fomento Empresarial), que condenan a Galiza a non poder utilizar os nosos recursos para o noso desenvolvemento industrial e para a creación de emprego digno.

As pensións, no punto de mira

A escalada de ataques aos dereitos laborais e aos dereitos sociais, ten tamén posto o punto de mira no sistema público de pensións, promovendo de forma constante escenarios apocalípticos e catastrofistas sobre o futuro das pensións públicas, coa intención clara de implantar un sistema de pensións privados.

 As últimas reformas ao sistema -tanto a do 2011 (pactada polo Goberno do PSOE co UGT, CCOO e a patronal), como a do 2013 (co goberno do PP)-, amplían a idade de xubilación e o número de anos para calcular a base reguladora, ao tempo que introducen factores, como o chamado de factor de sustentabilidade (que empezaría a aplicarse a inicios do ano 2019),  que  afondan nas dificultades para acceder a unha pensión pública  e no empobrecemento das mesmas.

Persecución da contestación social

O recorte de liberdades e o retroceso democrático, coa chamada Lei Morzada e o Código Penal, pretende criminalizar e reprimir a nosa resposta ante esta situación. A utilización de todos os poderes do Estado para esta fin, leva a situacións propias do franquismo, como as duras condenas con pena de prisión de traballadores e traballadoras por defender os dereitos da clase traballadora, ou mesmo a existencia de presos políticos, por defender os dereitos nacionais dos pobos que integran o Estado español.

Resulta escandaloso, como o Goberno do PP, en minoría no Parlamento español, mantén estas políticas antiobreiras e antisocias, e incluso,  pretende ir a máis, mentres as forzas de oposición e da teórica esquerda, son incapaces de promover proxectos de lei que tiren abaixo todas estas políticas e estas contrarreformas laborais e sociais que tanto mal están a facer a clase traballadora.

Nesta dura e grave situación, é  lamentábel ver o papel de UGT e CCOO co  Goberno do PP e coa patronal,  cociñando  novos pactos sociais, como o recentemente acordado sobre SMI, sen importarlles asumir que están a colaborar na perda de dereitos, na aplicación das reformas laborais e das novas formas de empobrecemento da clase traballadora.  

Chamamento á mobilización

Desde a CIG chamamos á mobilización xeral, á mobilización na negociación colectiva, como a vía para combater e derrotar todas estas reformas e para avanzar na recuperación dos nosos dereitos e dos nosos salarios. 

Os tempos que corren demostran tamén as claras, como no ano 1972, a necesidade de esixir democracia real, de poder decidir por nós mesmos/as, como clase traballadora e como pobo galego. Galiza é unha Nación, e como tal, ten dereito á soberanía política. Facer valer os nosos dereitos, será frear todas estas lesivas políticas antiobreiras, antisociais e antigalegas, e permitirá camiñar cara unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi