Información

200 deportistas con discapacidade intelectual procedentes de toda Galicia participarán este sábado, 10 de marzo, nos Xogos de Deportes Minoritarios que se celebrarán no pavillón de Fexdega

Información
XornalGalicia 09 Marzo 2018 1093 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O evento deportivo que ten como obxectivo favorecer a inclusión e a integración dos participantes a través do deporte, o ocio e a diversión presentouse esta mañá no Concello coa presenza dos representantes das entidades organizadoras: o alcalde, Alberto Varela por parte do Concello e Eladio Fernández pola asociación Special Olympics Galicia. Tamén participaron no acto José Luis Queiruga, vicepresidente de Con Eles, entidade que promove o evento; e a deputada Consuelo Besada, en representación da Deputación Provincial de Pontevedra que colabora.
06.06.2018.- Un total de 22 entidades de municipios das catro provincias desprazaranse a Vilagarcía o sábado cun total de 247 deportistas con discapacidade intelectual e 71 adestradores. Cómpre salientar a presenza dos 81 voluntarios que acoden como apoio aos atletas que o precisan. A representación local estará composta polos 17 deportistas que aporta a asociación Con Eles e que irán acompañados de 3 adestradores.

Os Xogos contarán con tres modalidades de competicións: individuais, colectivas ou de equipo e adaptadas. As competicións individuais serán de Tenis de Mesa e Bádminton, mentres que as colectivas integran estas mesmas prácticas deportivas nas variedades de dobres, dobres unificados e probas recreativas.

Por último, os Xogos terán competicións adaptadas ás características e necesidades dos participantes con necesidades de apoio extenso ou xeneralizado, de baixo nivel que non poidan participar noutras disciplinas deportivas. Neste apartado celebraranse probas Motrices, de Desprazamento, Tiro de Disco, Recepción de Pelotas, Lanzamento a Canastra, Lanzamento de Precisión, Tiro a Portería, Raquetas e Pelotas, Equilibrio dinámico, Desprazamento con Diferentes Apoios e de Bolos.

Ademais, por segundo ano consecutivo, os Xogos contarán coa participación das Escolas de Tenis do Programa da Fundación Rafa Nadal, unha iniciativa impulsada en colaboración con Special Olympics España e que forma parte do Programa autonómico de actividades deportivas que organiza cada ano Special Olympics Galicia. Tamén colaborará a Fundación Mapfre a través do seu Programa “Juntos lo logramos” para promover a práctica deportiva entre persoas con discapacidade intelectual, o que lles permite mellorar tanto aspectos físicos como psíquicos, emocionais e sociais.


Os Xogos Autonómicos Special Olympics hai anos que se desenvolven en Vilagarcía auspiciados polo colectivo Con Eles, de Vilagarcía e baixo a organización da asociación Special Olympics Galicia en colaboración con FADEMGA Plena inclusión Galicia e a Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía. Este

Desfile e inauguración ás 10:45 horas

A xornada deportiva do sábado en Fexdega estará aberta ao público e a entrada é totalmente gratuíta. A inauguración está programada para as 10.45 horas, momento no que terá lugar o desfile de tódolos deportistas das entidades participantes. As distintas probas desenvolveranse ao longo de toda a xornada, cun paro para o xantar, e o acto de clausura será 19.00 horas.

Durante a inauguración e a clausura, representantes do Concello de Vilagarcía acompañarán aos membros das Xuntas Directivas de CON ELES, FADEMGA Plena inclusión Galicia e Special Olympics Galicia.

CHAMAMENTO Á ASISTIR COMO PÚBLICO

Tanto o presidente de Special Olympics como o alcalde insistiron no chamamento á participación como público por parte dos veciños de Vilagarcía. “Como a calquera outro deportistas, ás persoas con discapacidade intelectual gústalles sentirse arroupados e animados polo público. Fainos sentir integrados”, apuntou Eladio Fernández. Pola súa banda, Varela Paz asegurou que “de todos os eventos aos que teño asistido sendo alcalde, sen dúbida algunha os Xogos Special Olympics é o que máis valoro e o que máis me satisface, porque compartir a alegría que se reflexa nas caras destes deportistas é algo totalmente insuperable e que todos deberíamos sentir”.


Special Olympics Galicia, Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual, é unha organización sen ánimo de lucro creada no ano 2000, por acordo de dezasete asociacións das diferentes provincias da Comunidade Autónoma Galega.

FADEMGA Plena inclusión Galicia (Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento) é unha entidade constituída como asociación e que aglutina a 40 asociacións de familiares e profesionais de persoas con discapacidade intelectual de Galicia. Entre os seus obxectivos destaca a consecución dunha plena integración social, laboral e familiar das persoas con discapacidade intelectual, o fomento da constitución de asociacións, a divulgación de información xeral e/ou especializada que poida ser de interese ou a denuncia dos casos que vulneran os dereitos das persoas con discapacidade intelectual.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi