Información

Unha nena de 8 anos será a concursante máis nova dos 34 que participan na Maratón Fotográfica da Muller

Información
XornalGalicia 05 Marzo 2018 393 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O Concello de Vilagarcía celebra mañá, sábado 3 de marzo, a décima edición da Maratón Fotográfica Pola Igualdade de Xénero que convoca anualmente o CIM con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller. O deste ano será un certame especial posto que nel participará unha nena de 8 anos, a concursante de menor idade das dez edicións, e porque destaca a implicación da mocidade, xa que tamén hai varios concursantes de idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos. O de maior idade conta 70 anos.
02.03.2018.- A implicación da mocidade resulta alentadora debido ao obxectivo que ten a maratón como elemento de concienciación social para promover a igualdade entre sexos e previr a violencia de xénero, en especial entre a xente máis nova.

Ao longo da xornada, os concursantes deberán tomar imaxes que reflictan as tres temáticas relacionadas coa igualdade propostas pola organización e que se darán a coñecer ao inicio da proba e tras os controis establecidos. Ao remate da xornada, os concursantes deberán presentarse para descargar as fotos realizadas. Os mellores traballos de cada unha das tres categorías recibirán un premio en metálico de 200 euros.

O nome dos gañadores e a entrega dos premios terá lugar nun acto público a celebrar o 16 de marzo coincidindo coa inauguración da exposición coas fotografías gañadoras e as seleccionadas polo xurado entre todos os traballos presentados.

Son xa dez anos os que o departamento que dirixe Tania García leva empregando a fotografía como ferramenta que permita levar a cabo unha reflexión sobre as desigualdades de xénero e que favoreza, a través da observación e a creatividade, a visibilización destas desigualdades, co obxectivo de provocar un cambio de actitude en toda a sociedade.
Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi