Información

NIGRÁN MOSTRA O SEU TOTAL APOIO Á FOLGA CONVOCADA NO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Información
XornalGalicia 03 Marzo 2018 612 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O goberno de Nigrán empraza á veciñanza e ás traballadoras e traballadores municipais a participar nunha concentración o xoves 8 ás 12:00 na Praza do Concello

Nigrán, 02/03/18.- O Concello de Nigrán apoia públicamente a folga convocada polo movimento feminista o vindeiro xoves 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Con este obxectivo, dende o Concello se convoca á veciñanza e ás traballadoras e traballadores municipais a participar este día nunha concentración de 15 minutos ás 12:00 horas na praza do Concello.

Asimesmo, o goberno local facilitará por tódolos medios dispoñibles que os empregados municipais se sumen ao paro parcial de 12:00 a 14:00 horas no consistorio. Por outra banda, o goberno de Nigrán anima á cidadanía en xeral a que participe na gran manifestación convocada pola Plataforma Feminista Galega este domingo 4 en Vigo dende ás 12:00 en Vía Norte.

"Compartimos ao 100% os motivos desta folga cuxo obxectivo é protestar contra a fenda salarial, a desigualdade social e a violencia contra a muller no ámbito familiar ou laboral. É ademais unha invitación a reflexionar colectivamente sobre qué podemos e debemos facer os homes para trocar esta situación de desigualdade e inxustiza", incide o alcalde, Juan González.

Ademais da concentración, no Concello se colgará unha faixa en conmemoración desta data e o sábado, día 10, se inaugurará unha exposición e documental que busca render tributo ás mulleres deportistas de Nigrán, claro exemplo de invisibilización por razón de xénero aínda hoxe.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi