Información
Agenda de Galicia

A ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DÁ SANIDADE PÚBLICA APOIA AS MOVILIZACIÓNS DO 8 DE MARZO, DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Información
Localidades de Galicia 28 Febrero 2018 857 votos

Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública apoiamos a convocatoria de Folga, paros e concentracións do dia 8 de marzo, e a Manifestación do 4 de marzo, ás 12, desde Vía Norte en Vigo, do Movemento Feminista, que teñen o obxectivo de denunciar a discriminación e desigualdade que sofren as mulleres.

 

A desigualdade de xénero é un determinante fundamental da saúde, que unido a outros condicionantes como o emprego, os sistemas educativo, de saúde ou de servizos sociais, teñen como consecuencia que as mulleres soporten unha peor saúde e calidade de vida.

Todos os estudos mostran que a saúde das mulleres é peor que as dos homes, como consecuencia da: Discriminación laboral (debe compaxinar traballo produtivo e reprodutivo, teñen menor tempo para o lecer e o descanso); a Brecha de Xénero na remuneración laboral (traballos mal remunerados, pouco valorados, con dobres e triplas xornadas), ou por ser as responsables fundamentais de coidar ás persoas dependentes.

As enfermidades crónicas triplícanse nas mulleres (cancro, osteoporoses, fibromialxia, ou anorexia nerviosa); a violencia de xero provócanas lesións e discapacidades, que repercuten na súa saúde mental e integral; e son obxecto de violencia sexual con máis abusos infantís, prostitución e agresións sexuais.

O sistema sanitario medicaliza situacións normais como a menopausa e xera desigualdade no diagnóstico e tratamento de enfermidades como as cardiovasculares ou as mentais. Mentres o 74% do persoal sanitario son mulleres son moi poucas as que chegan as xefaturas de servicio. O sesgo de xénero tamén e á hora de diagnosticar e tratar os problemas da muller debido a que os tratados de Medicina e as investigacións realízanse en base a estudios, características e necesidades masculinas

Con todo nin os Plans de Saúde nin programas de saúde das Comunidades Autónomas dirixidos á muller,  teñen en conta estas diferenzas nin contemplan medidas específicas para abordar os problemas e necesidades de saúde das mulleres con perspectiva de xénero. Estes Plans ignoran os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, mentres que a reforma do aborto engadiu sufrimento e dificultades de acceso ás máis novas

Por iso desde a nosa Asociación sumámonos á reivindicación de políticas públicas que combatan estas desigualdades,  que impiden ás mulleres gozar dunha saúde e calidade de vida en condicións de equidade e o pleno exercicio dos seus dereitos.

Consideramos urxente que o Goberno poña en marcha o acordado no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero mobilizando os orzamentos e recursos acordados; mais recursos públicos para o coidado de menores; recuperar a Lei de Dependencia e a posibilidade de cotizar a seguridade social; permisos por nacemento ou adopción a ambos membros das parellas; estratexias para acabar coa brecha de salarial de xénero; e políticas económicas para combater o paro, o emprego precario e a tempo parcial, a brecha salarial e no sistema de pensións, que afectan especialmente ás mulleres

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....