Información

O Concello fomenta o uso do idioma galego dende o berce a través do programa “Apego”

Información
XornalGalicia 23 Febrero 2018 437 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Vilagarcía é o primeiro Concello do Salnés en sumarse ao programa “Apego” para fomentar o uso da lingua galega “dende o afecto” e dende o mesmo momento do nacemento. Coincidindo co Día Internacional da Lingua Materna, o 21 de febreiro, a concelleira de Cultura presentou a posta en marcha da iniciativa que naceu a través da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL) e que se desenvolve, de modo cooperativo, entre os Servizos de Normalización dos trinta concellos adheridos.
21.02.2018.- O programa está dirixido a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos e consistirá na organización de diverso tipo de actividades destinadas a lograr que o galego sexa a lingua que os cativos interioricen dende que nacen, de xeito que a escoiten e, a medida que van medrando, a falen, a escriban e a utilicen e xeito normalizado en todos os ámbitos da vida. Trátase pois, de fomentar o uso e de conservar a nosa lingua.

As familias que se inscriban recibirá como agasallo de benvida unha caixiña con diverso material. Entre os obsequios de benvida que se entregan as familias está a mascota do programa, un axóuxere da mascota do programa, o “Polbo Po”, un álbum de fotos, un CD con cancións en galego para que as escoiten os cativos, un medidor, un adhesivo de “crianza a bordo” para o coche e unha pequena guía.

O Concello habilitará no Auditorio un punto específico de información e para a xestión do programa Apego. O responsable do Servizo de Normalización será o encargado de atendelo, os martes e os xoves de 10 a 13 horas. Tras concertar cita telefónica a través do número 671 435b 761, as familias deberán dirixirse a este punto, primeiro inscribirse e recoller a caixiña obsequio e, despois para continuar avanzando no programa.

Para anunciar o comezo deste programa a cidadanía e darlle difusión, colocaranse carteis e repartiranse dípticos en colexios e escolas infantís, na sala de espera da matrona no Centro de Saúde de Vilagarcía, na zona de pediatría do Hospital do Salnés e nas bibliotecas entre outros lugares.

6.500 euros anuais

O Concello de Vilagarcía de Arousa acordou en sesión plenaria o 24 de novembro de 2016 a adhesión ao Programa Apego por unanimidade de todos os asistentes. Posteriormente, o día 17 de marzo de 2017 os novos concellos participantes na iniciativa, incluído Vilagarcía asinaron a adhesión ao protocolo de colaboración para a organización e desenvolvemento do programa. Vilagarcía destina 6.500 euros anuais para financiar o programa.
Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi