Información
Agenda de Galicia

ESGOTADAS AS ENTRADAS DOS CONCERTOS DE XABIER DÍAZ EN SANTIAGO E NA CORUÑA

Información
Localidades de Galicia 21 Febrero 2018 796 votos

Este fin de semana Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre ofrecerán os seus primeiros concertos en Galicia coa xira Noró e xa están esgotadas as entradas dos concertos de Santiago de Compostela (25 de febreiro) e A Coruña (4 de marzo).

Tras o éxito do primeiro concerto coa xira Noró no prestixioso Celtic & Balfolk Festival de Rotterdam do pasado fin de semana, o sábado 24 comezará no Auditorio Mar de Vigo a xira galega de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. 

 

Xira galega de Noró

24 de febreiro Auditorio Mar de Vigo

25 de febreiro Sala Capitol (Santiago de Compostela). Entradas esgotadas

03 de marzo Sala de exposicións da Capela de Santa María (Lugo)

04 de marzo Teatro Rosalía de Castro (A Coruña). Entradas esgotadas

Sobre Xabier Díaz

Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 ata Coplas Para Icía (2007) pasaron case 30 anos. A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc.

Logo chegou a Nova Galega de Danza coa que participou nos espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.

Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Durante este tempo editaron os discos Kosmogonías (2010) e O pulso da terra (2011). Alén diso, obtiveron o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.

Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).

Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as. Así mesmo, emprendeu numerosas viaxes para levar a música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia, Irlanda, etc.

No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Con el tamén obtivo o premio á mellor canción en galego da primeira edición dos premios aRitmar. Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Dende a presentación de The Tambourine Man e con máis de 70 concertos ás costas en a penas dous anos, visitou Alxer, Oslo, Lorient, Le Chatre, Glasgow, Lisboa, Madrid ou Bruxelas.

Agora chega Noró (Algunhas músicas do norte) Músicas de Salitre 2018 ©, un novo traballo compartido coas Adufeiras de Salitre que pon acento nas músicas que habitan o noroeste peninsular.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....