Alberto Varela, convocará aos portavoces dos distintos grupos políticos da corporación a vindeira semana para analizar a solución á renuncia da consultora Eptisa a continuar cos traballos de revisión do PXOM

XornalGalicia  04 Enero 2018  100 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, convocará aos portavoces dos distintos grupos políticos da corporación a vindeira semana para analizar a solución á renuncia da consultora Eptisa a continuar cos traballos de revisión do PXOM. Os informes técnicos e xurídicos sobre as posibles saídas a este problema, que afecta tamén a unha ducia de concellos galegos, xa están rematados. Si por cuestións de axenda dos distintos grupos non puidera celebrarse a xuntanza nesa mesma semana, se trasladaría a despois do Día de Reis.
31.12.2017. Aínda recoñecendo o prexuízo que causou a renuncia de Eptisa a continuar cos traballos, despois de que a consultora fora adquirida por unha empresa chinesa, en setembro de 2016, o goberno local confía en que coa solución proposta polos técnicos será posible manter o calendario previsto no seu día, é dicir, lograr a aprobación inicial do documento dentro do actual mandato. De ser así, acto seguido se abriría o prazo de alegacións, previo á aprobación provisional polo pleno da corporación (a definitiva corresponderá á Xunta).

Ao longo do último ano, os cambios en Eptisa e, a súa vez, a modificación de criterio da nova dirección –primeiro se comprometeu a rematar cos traballos para logo renunciar definitivamente- supuxeron un notable retraso nos plans iniciais na tramitación da revisión do Plan Xeral. Despois da crise da empresa en decembro de 2016, cando varios técnicos foron sometidos a un ERE, e logo de que o alcalde negociara coa nova dirección a continuidade dos traballos, na primavera de 2017 o documento foi remitido á Xunta.

No verán, o Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas fixo un requirimento ao concello para que complementase a información técnica enviada, un trámite absolutamente normal na revisión o redacción dos plans urbanísticos nos concellos. “Dado que o contido do borrador non se pode considerar suficiente para a súa análise urbanística, será preciso que se complete para poder sometelo á consulta do órgano competente en materia de urbanismo”, dicía o citado Servizo, que citaba, por exemplo, a necesidade de enviar planos a outra escala, identificar os montes en man común ou os trazados e características das redes de servizos propostas nos planos de ordenación de núcleos rurais.

A renuncia definitiva de Eptisa a continuar cos traballos foi o que causou que ata agora non se puidera resolver ese requirimento da Xunta posto que, dende xuño, Vilagarcía, como todos os concellos de Galicia que tiñan contrato con Eptisa, está de feito sen equipo redactor. Á vista dos informes elaborados polos servizos municipais podería haber unha solución que permita non só resolver esas peticións da Xunta nun breve prazo de tempo senón continuar cos traballos ata a aprobación inicial da revisión do PXOM polo pleno da Corporación.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...