O espectáculo da "Toma das Uvas" só se suspenderá en caso de fortes chuvias ou vento

XornalGalicia  30 Diciembre 2017  125 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O espectáculo de estética futurista que ten preparado a recoñecida compañía de Pablo Méndez para a mañá do vindeiro domingo só se suspenderá no caso de fortes chuvias ou vento, segundo anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Sonia Outón. As previsións meteorolóxicas apuntan a que pode chover, pero só unha alerta laranxa impediría que o espectáculo de animación se levara a cabo. O que si se mantén e a Toma das Uvas, prevista para as 12,00 horas, coincidindo coa chegada do novo ano nas antípodas de Galicia.
29.12.2017. A organización ten previstas 3.000 copas coas súas correspondentes uvas. Haberá cava pero tamén bebidas sen alcohol para os máis novos. Unha das novidades deste ano é que se suma como patrocinador Frutas Esther, principal produtor nacional de uvas de mesa sen semente. A empresa murciana decidiu apoiar o proxecto local tendo en conta a gran repercusión nacional da Toma das Uvas. De feito, para esta edición e a día de hoxe xa teñen confirmada a súa presenza Mediaset (Cuatro e Telecinco) e TVG.

Tendo en conta a máis que probable asistencia masiva de público, o Concello pechará a praza de Galicia ao tráfico dende as 11,30 ata as 13,30 horas. Segundo informa a Policía Local, os desvíos da circulación serán os seguintes:

- No Ramal, desviando todo o tráfico cara Rivero de Aguilar ou Moreira Casal (estación, autobuses, Os Duráns e A Torre).

- En Santa Lucía con Rosalía de Castro, dirección obrigatoria cara o Ramal.

- Moreira Casal con Ramal e con Vila Janer, agás para turismos, en dirección Estación Autobuses, Aparcamento Xoán XXIII, Os Duráns e A Torre.

- Na confluencia de Rosalía de Castro con Colón, desvío do tráfico cara Carril ou Avda da Mariña.

- En San Roque, á altura da Casa da Xuventude, desvío do paso de camións e vehículos pesados.

- Juan Carlos I / Marxión, desvío cara rúa G. Nartallo e San Roque.

- En López Ballesteros / Piñeiro López / Xoán XIII deixaranse pasar só turismos cara ao aparcamento de Xoán XXIII; o resto terá que dar a volta na glorieta. Este tramo de Ravella entre López Ballesteros e Juan Carlos I estará pechado dende as 07:00 horas.

- En Juan Carlos I / Praza de Ravella (Bar Campos) colocaranse barreiras desviando por detrás do Concello o tráfico residual, só para turismos.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...