OS BOMBEIROS DO CONSORCIO DE PONTEVEDRA MANIFESTARANSE O DÍA 29 CONTRA OS INCUMPRIMENTOS DE MATINSA

XornalGalicia  24 Diciembre 2017  173 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Tras 4 anos de xestión da empresa Matinsa, os bombeiros consideramos que o Consorcio

Provincial, formado por Xunta e Deputación, non pode tolerar máis tempo os gravísimos

incumprimentos nos que o noso parecer incorre Matinsa dende hai longo tempo.

 

Incumprimentos que nos impiden en moitos casos aos bombeiros desempeñar a nosa labor, ou

polo menos dificúltana en extremo. Incumprimentos que fan que vehículos estean longos

períodos avariados, que materiais non se repoñan, que non se fagan mantementos adecuados,

que ao non cubrir as baixas do persoal as dotacións estean case sempre ao mínimo, etc, etc…

con evidente afectación á calidade do servizo aos cidadáns.

Os bombeiros fixemos todo tipo de denuncias públicas sobre esta situación, acudimos a

Inspección de Traballo e denunciamos incumprimentos da Lei de Prevención de Riscos, tralas

que a Inspección de Traballo considerou que tiñamos razón. Estamos dende hai tempo en

folga, transmitimos a través de rexistro incidencias e labores que Matinsa non estaba a

atender, asistimos a plenos de concellos como Cangas, Moaña, Marín, Vilagarcía, Cambados

Bueu, ademais doutros moitos que temos pendentes, a informar da actual situación, e

recibimos o apoio unánime das devanditas corporacións. Mesmo chegamos a sufrir represión

por parte da empresa, unicamente por esixir o que é básico para o servizo, os compañeiros e

os cidadáns da provincia de Pontevedra.

Por todo iso consideramos que debemos dar un paso máis e convocamos unha manifestación

en contra da xestión de Matinsa e a favor dunha desprivatización do servizo para, do mesmo

xeito que outros consorcios provinciais, avanzar cara a un modelo baseado unicamente no

beneficio dos cidadáns e na estabilidade económica das administracións, e non no beneficio

empresarial.

A manifestación ten como obxectivo visualizar as nosas demandas e que os cidadáns saiban

cal é a realidade das emerxencias, ademais de lembrar aos políticos con responsabilidades

neste tema que está na súa man reverter esta situación e dotar ao Consorcio de Pontevedra

dun servizo acorde co que os cidadáns merecen.

As Deputacións de Lugo e A Coruña, xunto coa Xunta de Galicia, avanzaron nos seus

consorcios respectivos cara a unha reversión deste sistema privado a favor dun público.

Cremos que Pontevedra non debe quedar atrás e seguir o exemplo marcado, pois Matinsa, filial

do grupo FCC, deulle motivos dabondo para que o Consorcio Provincial aposte pola reversión.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...