Fantástica actuación dos atletas galegos que acadarían una medalla de ouro e una de bronce por equipos nos Campionatos de Europa de Campo a Través

XornalGalicia  11 Diciembre 2017  256 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

No día de onte desenvolveríase na localidade eslovaca de Samorín o Campionato
de Europa de Campo a Través na que unha potente Selección Española acudiría a
esta importante cita ca presenza de catro galegos entre os seus equipos.


Os primeiros en tomar parte serían o lucense Miguel González e o noiés Tariku
Novales na categoría Sub20. O das murallas deixaría manifesta a súa calidade para
esta especialidade ó rematar nunha brilante quinta posición cun rexistro de 18:48
a tan só tres segundos do bronce e nunha chegada moi disputada gañada polo
noruego Jakop Ingebrigtsen con 18:39. Salientable tamén o comportamento de
Tariku Novales entrando no décimo terceiro lugar cun rexistro de 18:54 e
contribuindo de maneira importantísima a que España se acabara proclamando
por equipos Campiona de Europa nesta categoría por diante de Francia e de
Turquía.
Na categoría feminina Sub23 destacable a actuación de Carmela Cardama que
entraría na línea de meta no posto décimo oitavo, cun rexistro oficial de 21:40 a
un segundo da primeira representante española Celia Antón un posto por arriba.
Esta categoría sería gañada pola alemana Aluina Reh cun crono de 20:22
ocupando España por equipos o quinto lugar.
Xa por último e no relevo mixto, no que tomaba parte a outra atleta galega Solange
Pereira, novo podium para o equipo nacional sendo nesta ocasión o bronce o
premio colleitado polo combinado masculino e feminino.
Péchase pois un notable campionato europeo de cros na que os nosos atletas
contribuirían de maneira moi notoria e importante o bo papel desenvolto polo
equipo nacional en terras eslovacas

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...