A AELG está a preparar o Día de Rosalía de Castro 2018

XornalGalicia  06 Diciembre 2017  606 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou na súa última reunión a preparación de diversas actividades para o Día de Rosalía de Castro 2018, que terá lugar o vindeiro 24 de febreiro, sábado.

 

http://www.aelg.gal/">Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemorará un ano máis o Día de Rosalía de Castro, no aniversario do nacemento da autora. Desde 2010, esta entidade propuxo á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no http://www.aelg.gal/actividades/dia-de-rosalia-de-castro">arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, versátil, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

Para a edición de 2018, http://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/maria-reimondez">María Reimóndez é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía, que terá lugar o propio sábado 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.

O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG. así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións, centros de ensino…

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...