iniciativa do BNG da Laracha máis seguridade na AC 400

XornalGalicia  18 Noviembre 2017  327 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Cada vez máis xente utiliza a estrada AC-400 (a que vai de Cerceda a Culleredo e enlaza coa Terceira Rolda) para desprazarse á Coruña, como alternativa á peaxe da AG 55 e o intenso tráfico da Comarcal 552. Mais nesta estrada, que como dicimos ten cada vez máis tráfico, atópanse algúns cruces perigosos con ese sistema de semi-rotondas utilizado na súa construcción.

 

En concreto, un cruce bastante perigoso é o que enlaza a AC-400 coa estrada provincial que vai da Laracha á canteira de Soandres, xusto á altura da canteira. Os que veñen do lado de Culleredo para incorporarse á estrada da canteira teñen moi pouca visibilidade dos vehículos que se achegan do lado de Cerceda por unha curva moi próxima, tendo en conta a velocidade á que moitos circulan por esa zona.

É por isto que desde o Grupo Municipal do BNG solicitamos da Corporación Municipal en Pleno a adopción do seguinte ACORDO:

Instar á Xunta de Galiza á adopción de medidas encamiñadas a mellorar a seguridade da estrada AC-400 no cruce da mesma coa estrada provincial da Laracha á canteira de Soandres.

A Laracha, 18 de novembro de 2017

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...