Titiriberia recuperará mañá sábado a Feira Cabalar de Francos como espazo para os títeres tradicionais

XornalGalicia  10 Noviembre 2017  651 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O festival Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio da Deputación da Coruña e o Concello de Teo, continúa mañá sábado, día no que se celebra a Feira Cabalar de San Martiño de Calo na Carballeira de Francos. O Festival recuperará esta histórica feira como un espazo para os títeres tradicionais. Tiriberia instalará así unha barraca no recinto para realizar diferentes actuacións.

 

Deste xeito, as actividades comezarán a partir das 11.30 horas da man das compañías galegas Títeres Alakrán e Seisdedos Mariontetas tradicionais. As dúas formacións recrearán os espectáculos de porta que a familia Silvent, como moitos outros feirantes, facían na entrada das súas barracas para chamar o público, un grupo de artistas animará a feira de Francos e chamará pola participación dos asistentes. Un zancudo, o cego coas súas coplas ou o pallaso farán do campo da feira un lugar de divertimento.

Pola súa banda, a compañía portuguesa Maozorra ofrecerá dous espectáculos na Barraca de Barriga Verde. O primeiro deles será O barbeiro, ás 12.30 horas, que trata a historia de Roberto, que no día do seu casamento vai ao barbeiro para se afeitar. Durante o corte, provoca algunhas travesuras e despois négase a pagar. Aqui comezan todas as maldades e enganos entre ambos, ata que se xuntan á lea un Policía, un diablo e mesmo a morte. Novas situacións para os personaxes clásicos dos bonecos portugueses.

Xa ás 16.30, Maozorra ofrecerá o seu segundo espectáculo: A tourada. Sen unha narrativa clara, a obra refai o número da tourada propia dos Robertos cun touro que non é fero, que se cansa e que adora as festiñas. Unha divertida historia que retrata de xeito especial esta tradición portuguesa.

A compañía hispano francesa Pelele chegará a Barraca de Titiriberia ás 18.00 horas para representar La Muerte de Don Cristóbal. Avaro, feo, malo e sen escrúpulos, Don Cristobal só vive para seguir a aumentar a súa considerable fortuna. Pero a súa serventa, pobre, ciumenta e aínda máis fea tentará todo tipo de estrataxemas para o asasinar e se facer cosa súa fortuna. A compañía Pelele mestura a técnica tradicional do títere mediterráneo coa estética e o ritmo Cartoon para nos achegar o personaxe clásico dos títeres españois, nunha historia universal da vontade de vivir onde o humor, a enerxía e a caricatura transcenden o medo e a violencia.

A xornada rematará ás 19.30 horas con Viravolta Teatro, que fará un achegamento á histórica figura de Barriga Verde. Mesturando a tradición do títere galego coa europea, recóllense cinco situación que Barriga Verde, coa axuda da súa cachaporra, resolve dun xeito que incomoda ao Demo, que atopa o inferno cheo de personaxes que non lle son gratos. Espectáculo baseado na investigación que a compañía fixo sobre a figura de Barriga Verde e o títere tradicional galego. Preséntase coma unha homenaxe ao Barriga Verde que a familia Silvent representou por Galicia na primeira metade do século XX. O espectáculo ofértase no seo dunha barraca que recrea a experiencia orixinal que viviron milleiros de galegos durante décadas.

PROGRAMACIÓN SÁBADO 11

Marionetas tradicionais

Animación con Títeres Alakrán e Seisdedos Marionetas Tradicionais

Lugar: Feira de Francos

Hora: Desde as 11.30

O Barbeiro

Espectáculo de monicreques da compañía portuguesa Maozorra

Lugar: Barraca de Barriga Verde na Feira de Francos

Hora: 12.30

A tourada

Espectáculo de monicreques da compañía portuguesa Maozorra

Lugar: Barraca de Barriga Verde na Feira de Francos

HORA: 16.30

La muerte de Don Cristóbal

Espectáculo de monicreques da compañía franco hispana Pelele

Lugar: Barraca de Barriga Verde na Feira de Francos

HORA: 18.00 h.

Barriga Verde

Espectáculo de Viravolta Títeres

Lugar: Barraca de Barriga Verde na Feira de Francos

HORA: 19.30 h.

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...