Vilagarcía acollerá a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución

XornalGalicia  28 Septiembre 2017  382 visitas Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este sábado día 30, coincidindo co Día Internacional da Tradución, o salón de plenos do concello de Vilagarcía de Arousa, acollerá a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución, que na súa XVIª edición recaeu en Isabel Soto pola obra Fosca, de Iginio Ugo Tarchetti.

 

 

 

A obra premiada, Fosca, é a máis importante de Tarchetti, escritor italiano scapigliato. A scapigliatura foi un movemento artístico e literario desenvolvido no norte de Italia sobre todo entre os anos sesenta e oitenta do século XIX. Nos scapigliati aniñaba un espírito de rebeldía contra a cultura tradicional e o bo senso burgués.

 

 

Á hora de xustificalo premio, o xurado destacou “a fluidez e a solvencia na lingua meta, así como o esforzo de reflectir o estilo arcaizante da lingua orixinal nun galego que recupera usos propios dunha época literaria anterior que poderiamos emprazar a finais do século xix ou inicios do xx”. Respecto á calidade da tradución, destacou ”o acerto no transvasamento de estruturas sintácticas intricadas ao galego”.

 

 

A premiada, Isabel Soto, é unha crítica literaria e tradutora ben consolidada no noso sistema literario e cultural. Partícipe en múltiples traducións colectivas, é autora tamén dunha vasta obra que abarca máis de vinte títulos.

 

 

Con este premio, a Fundación Plácido Castro pretende reivindicar a dimensión tradutora do autor galego de quen en 2017 cumpríronse 50 anos do seu pasamento así como alentar un maior recoñecemento social do labor dos tradutores e tradutoras.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...