Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
  • Máis profesorado que impartirá materias das que non é especialista e unha moi elevada taxa de interinidade nos docentes que imparten docencia na ESO, o Bacharelato, a FP ou as ensinanzas de Réxime Especial marcan a adxudicación definitiva do CADP, con casos de especialidades nas que todos os docentes con destino provisional é persoal interino.
  • Adxudicacións contrarias á lexislación vixente e das que xa fora alertada a Consellaría en escritos e comunicacións da CIG-Ensino que se manteñen ou mesmo se incrementan (FP Básica).
  • Auténticos encaixes forzados que moitos equipos directivos se ven na obriga de fixar nos perfís de determinadas prazas para poder cubrir as necesidades de impartición de docencia dos seus centros, tras a constante redución dos cadros de persoal de IES, CIFP e outros centros docentes. 
  • Sospeitas, nalgúns caso, de adxudicacións con perfís adaptados para que determinadas persoas podan repetir no mesmo centro.
  • A confirmación de que a intención da Consellaría de non considerar a impartición de ámbitos propios da FP Básica e dos PMAR como afíns só buscaba maquillar os datos de adxudicacións con 3, 4 ou mesmo 5 afíns que se deron regularmente nestes últimos anos e que a CIG-Ensino denunciou reiteradamente. 

 

 

 

Eis un resumo das principais conclusións que arroxa a adxudicación definitiva do CADP dos corpos de secundaria. De novo, os recortes prolongados e mantidos nestes últimos anos teñen un fiel reflexo no profesorado en expectativa de destino e interino. Mesmo con respecto da adxudicación provisional as cifras ofrecen un panorama aínda máis desalentador. 

 

 

 

Este curso haberá 2.698 docentes interinos en secundaria e outras etapas diferentes de infantil e primaria (cun incremento do 3% ao respecto do curso pasado que consolida o espectacular aumento desde o comezo do goberno de Feijóo (no ano 2010 eran 337 as persoas interinas nestas mesmas etapas educativas). Unhas cifras que se encadran nun aumento xeral da provisionalidade, co incremento dun 6% do profesorado con destino provisional ao respecto do curso anterior (4.444 docentes).

 

 

 

Tamén será un curso marcado polo elevado número de docentes que impartirán afíns, chegando a 1.271 (máis do 28% do persoal con destino provisional e cunha suba do 6% ao respecto do ano pasado). E de novo, se demostra como a Consellaría non é quen de afrontar o problema do profesorado da especialidade de Música, adxudicando 4 postos para facer substitucións zonais a funcionariado de carreira. 

 

 

 

Importantes diferenzas coa adxudicación provisional.

 

 

 

Chama a atención a pouca credibilidade que se lle pode outorgar á adxudicación provisional de destinos, con cambios importantes que xeran no profesorado inseguridade, nalgúns casos desconfianza e, sempre, perplexidade diante de tantas alteracións. Así, entre a adxudicación publicada o 31 de xullo e a que vimos de coñecer o 7 de setembro hai unha diferenza de 194 prazas que se engaden, incidindo sobre todo no aumento de persoal interino (162 destinos a maiores), 76 novas prazas con afíns e 37 tamén a maiores que impartirán ámbitos dos PMAR ou a FP Básica. Ademais destes cambios nas cifras totais son moi numerosos nos cambios nos perfís das prazas, o que provoca importantes cambios.

 

 

 

A vulneración da lexislación pola propia Consellaría na FP Básica.

 

 

 

Por último, desde a CIG-Ensino xa nos diriximos por escrito á Consellaría de Educación para que tome as medidas oportunas e non se cometa unha flagrante ilegalidade na obriga a docentes de diferentes especialidades de FP e secundaria para que impartan os módulos dos bloques comúns da FP Básica sen ter atribución docente para facelo. 

 

 

 

Despois da denuncia feita pola CIG-Ensino á adxudicación nun centro de Pontevedra de tres vacantes con perfís que claramente incumprían a normativa vixente ao respecto da impartición dos módulos de Comunicación e Sociedade e de Ciencias Aplicadas, así como da demanda de que se revisasen todas as actuacións a este respecto da Inspección, atopámonos agora con que hai numerosos casos de prazas adxudicadas que incumpren a lexislación. 

 

 

 

A CIG-Ensino agarda que a Consellaría actúe inmediatamente e se dean instrucións á Inspección e aos centros docentes, para así evitar ter que facer modificacións posteriores nos horarios. O sindicato anima o profesorado que se atopa nesta situación a que, no caso de que nos horarios se inclúan finalmente eses módulos, reclamen contra esa decisión.

 

 

 

Este mércores a CIG Ensino concentrarase diante da Consellaría de Educación ás 11 horas para denunciar a situación da adxudicación provisional e do comezo de curso, tanto en primaria como en secundaria.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...