Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 2KIKE

A competición disputaranse durante toda a tarde nunha parcela municipal situada ao carón do río Muíños, ao finalizar haberá yincanas ecuestres e unha actuación musical

 

Trátase dunha oportunidade única en toda a comarca de apreciar esta disciplina deportiva, que incluirá limoneras (enganche con un so cabalo) e troncos (con dous cabalos)

 

 

Nigrán, 07/09/17.- Os terreos municipais do Parque Empresarial Porto do Molle (ao carón do río Muíños) acollerán este sábado pola tarde a cuarta proba puntuable da Copa de Enganches de Galicia, organizado pola Federación Hípica Gallega en colaboración co Concello de Nigrán e Deputación Provincial. Trátase dunha oportunidade única en toda a comarca de apreciar esta disciplina deportiva, xa que é a primeira vez que se realiza dentro dunha competición oficial.

 

O evento deportivo se presenta como unha tarde festiva, xa que ao finalizar as probas haberá yincanas ecuestres (mounted-games) e a actuación musical de 'La Patrulla', ademais se instalará unha cantina. A competición arrancará ás 17:00 horas con limoneras (nome que recibe a modalidade de enganche cun so cabalo), ás 18:00 horas con troncos (enganche con dous cabalos) e ás 18:30 horas proba libre. "En Nigrán e en toda a comarca do Val Miñor existe unha gran afición ao cabalo, por iso falamos co Concello de Nigrán para poder celebrar esta proba aquí", sinalan dende a organización.

 

Esta Copa de Enganches de Galicia celébrase en toda a comunidade, disputándose as anteriores probas da tempada en Cartelle, Silleda e Ponteceso. Tralo seu paso por Nigrán quedan dúas máis, unha delas o 1 de outubro en Villamarín (Ourense) e outra pendiente de concretar na que se proclamarán os campeóns que optarán a representar a Galicia e á Federación Gallega no Campionato de España 2018.

 

A disciplina hípica de enganches desenvólvese en Galicia como competición federada desde o pasado ano, anteriormente realizábanse exhibicións nas diversas festas cabalares de Galicia da man de particulares ou de asociacións creadas para iso, como Club de Enganches de Galicia.

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...