Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Con moita gana de parranda e coa previsión de bo tempo, o parque Enrique Valdés Bermejo e o entorno do Castro de Alobre estréase o domingo , 27 de agosto, como escenario da gran romaría que pretende ser o festival Folk no Alobre, aprazado hai unas semanas debido á choiva. O evento organizado polo colectivo pes de Barro coa colaboración da Concellería de Cultura inclúe un completo programa de actividades que van dende o baile e os obradoiros ata concertos pasando polo típico xantar romeiro. Ademais de fomentar a cultura e o folclore galego, con este festival o Concello pretende aproveitar a beleza e idoneidade do parque Enrique Valdés Bermejo e o entorno do Castro de Alobre para acoller actividades lúdicas, culturais e de lecer.
24.08.2917.- Os actos comezarán ás 11 da mañá na zona do prado ao que se accede pola Avenida Valle Inclán. Ás 11.30 horas dará comezo o primeiro dos obradoiros, o de baile tradicional, que impartirá Serxio Cobos, e que está pensado para o público familiar, de xeito que tanto nenos, como adolescentes, adultos e persoas maiores poidan aprender ou mellorar e practicar algúns pasos de baile galego.

Para dar un respiro ao corpo, ás 12:00 dará comezo un obradoiro máis tranquilo de fabricación de tarrañolas, un instrumento musical de percusión que se compón de dúas láminas alargadas de madeira que se colocan entre os dedos e fanse chocar para soar.

Xa coas tarrañolas listas, sobre ás 14.00 horas haberá o merecido descanso para o xantar romeiro, para o cal cada persoa deberá levar a súa comida.A organización disporá de mesas e bancos na zona do prado do parque para que os comensais poidan xantar máis comodamente.
Tras a sobremesa e para axudar a facer a dixestión, ao redor das 17:00 horas, dará comezo o obradoiro de danzas do mundo. Inicialmente esta actividade a ía a impartir Mercedes Prieto, pero ao terse aprazado o festival e por problemas de axenda, non será ela, senón Serxio Cobos.

A parte musical propiamente dita comezará ás 19:00 horas cos concertos de tres grupos de galegos. Os primeiros en actuar serán a agrupación folclórica O Souto, de Rubiáns, que substitúe Os Demos da Petaca, que se caeron do cartel por compromisos anteriores ao cambio de data deste festival. Os seguintes en actuar serán Primordiais, aos que collerán o relevo Habelas Hainas para pechar a festa con Carapaus.

OS GRUPOS
Primordiais Primordiais son Marcelo DoBode e Luís Martíns, un grupo de novos aires folk e toques de jazz que foi candidato aos Premios da Música Independente no apartado de artistas emerxentes. Do seu primeiro traballo, 'Droguería moderna', acaban de subir o videoclip 'Por ti moreno', levan xa máis de 6.000 visitas.

Habelas Hainas
Catro rapazas cuxa versatilidade vai alén do feito de seren multiinstrumentistas e lévaas a explorar outros eidos artísticos como a teatralidade e as artes plásticas e visuais facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro.
O punto de partida é a música tradicional e de raíz; séntense parte dunha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende unha ollada feminina e plural.

Carapaus
Baixo a proclama “Somos ghaiteiros, somos revolusionarios”, Carapaus teima en amosar a música tradicional galega, así como fornecer con pezas de composición de fondo trazo tradicional o acervo cultural galego.
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

Miércoles, 20 Septiembre 2017
Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

La Asociación de Vecinos del Ventorrillo según fuentes de Xornal Galicia es la única Asociación de Vecinos de A Coruña que a recibido los fondos destinados a las asociaciones vecinales...