Festival Transfronteirizo Minho Reggae Sunsplash anuncia a súa 8ª edición

XornalGalicia  11 Agosto 2017  576 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Festival Transfronteirizo Minho Reggae Sunsplash anuncia a súa 8ª
edición, que se celebrará a primeira fin de semana de Setembro en
Goián, Tomiño, apostando unha vez máis pola beleza e riqueza desta
entorna natural.

É o primeiro festival galego de mobilidade transfronteiriza con temática ecoloxista e sustentable, baseado nos valores e respeto á natureza empregando

material reutilizable e compostable.
Novamente en colaboración co colectivo Ecosistemas, que establecen a
súa actuación na creatividade e na sustentación, dando solución a
problemas reais no campo das instalacións efímeras. Céntrase na
arquitectura e no deseño de producto para dar soporte a eventos e
proxectos con conciencia, concebindo tódalas intervencións dende un
prisma ecolóxico, técnico, audiovisual e interactivo. Este ano voltan
crear un proxecto de señalética lumínica. Un proxecto para mellorar a
mobilidade dos usuarios no festival; tanto o acceso ó recinto, á zona
de acampada como ás zonas de traballo do persoal da organización de
Minho Reggae, sen esquecerse de revalorizar e promocionar unha área
como é o espazo fortaleza.

A organización anuncia unha nova edición

O Festival Minho Reggae  pecha o cartel musical desta 8ª edición coa
incorporación das bandas internacionais como o xamaiquino Rod Taylor,
a caboverdiana Mo'Kalamity, o caribeño Bob Wasa  ou Marcus Gad dende
Nova Caleonia, todos os grupos lembrando que é moito máis que un
festival. Ademais, o colectivo tamén defende nesta nova edición a
escea estatal, contando coas actuacións de Ras Kuko dende as Illas
Canarias, os madrileños Mango Wood e, por suposto, non podía faltar a
representación galega dende Compostela con Cachas and Cousins. No
festival non faltará unha área soudsystem na que colaboran Skank-Fu
Hi-Fi, Blackboard Jungle, George Palmer, Nytto Dread e Payoh
SoulRebel. Se ben é certo,  resulta toda unha experiencia que unifica
unha localización natural única cunha completa programación musical e
cultural que combina a música con disciplinas como actividades
deportivas e lúdicas.

Por se fose pouco, o festival acolle postos de comida así como de
artesanía variadas que exemplifican os nosos valores ante a defensa do
ecolóxico e sustentable. A maiores, haberá a oportunidade de degustar
a cervexa artesanal oficial: a Minho Reggae Splash Beer, Selectah!

Trátase realmente dun movemento cultural aberto a tódolos públicos
obtendo un ambiente musical no que se comparten emocións sen deixar de
romper fronteiras.

Actividades diversas no concello de Tomiño

O Minho Reggae Sunsplash renovará tamén a súa semana cultural no
concello de Tomiño, e ofrecerá unha selección de actividades;
proxeccións, obradoiros, exposicións, xogos populares, coloquios,
actuacións musicais, ...nunha programación pensada específicamente
para o Baixo Miño. Tanto a programación como as actividades
desvelaranse ó longo das próximas semanas.

O colectivo Minho Reggae convídavos a gozar deste festival e expresa
os seus agradecementos ao concello de Tomiño, a Vila Nova de Cerveira,
a Comunidade de Montes Veciñais de Goian e a Deputación de Pontevedra.
Agradécese tamén a colaboración, entre outros, de Infomiño, Mahou,
Ecofestes, Vello París, Burla Negra así como o apoio e forza de toda a
xente que nos segue.
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...