Feira do Leste leva a Sarria a obra Exilio das Moscas

XornalGalicia  09 Agosto 2017  92 votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

exilio11O Festival Artes No Camiño acolle a estrea en Sarria (Lugo) de Exilio das Moscas, unha montaxe sobre os exiliados e o desarraigo. Cunha clara dimensión performativa e posdramática, a montaxe está vinculada ao teatro físico e ás linguaxes escénicas e audiovisuais.

 

 

A función será na Casa da Cultura de Sarria  o próximo mércores 9 de agosto ás 21.00 horas con entrada de balde. Exilio das Moscas recolle temáticas de total actualidade  como as migracións, o racismo, os abusos de poder, a guerra, as raíces e a sátira política. Teas, maletas, fotografías en branco e negro, soldados de xoguete, roupas de época e outros elementos do imaxinario do exilio toman unha nova calidade e un novo sentido nesta proposta.

 

 

 

SINOPSE:

 

A vida media dunha mosca vai dos 15 aos 25 días. Nese tempo é imposible que establezan un fogar, que conformen unha familia, que creen vencellos cos que enraizarse á súa orixe. O único posíbel é voar e voar cara a ningures coma expatriadas dunha Ítaca á que endexamais volverán regresar.

 

FICHA ARTÍSTICA:

 

Dirección: César No.

 

Dramaturxia: Ernesto Is.

 

Produción: Javier Lojo

 

Intérpretes: Sonsoles Cordón, Nerea Brey, Hugo Rodríguez e Germán Gundín.

 

Mención especial: Donina Rodríguez.

 

Deseño gráfico: Javier Nistal.

 

 

 

 

 

VÍDEO DA OBRA (pódese emitir por televisión ou outras canles) https://www.youtube.com/watch?v=a-wuGZL4WK8

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Lunes, 14 Agosto 2017
Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...