Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O xoves 10 de agosto terá lugar a II Festa do San Lourenzo no Castro de San Lourenzo en Cereixa, concello de A Pobra do Brollón.

A festa marca o peche da campaña de escavación que leva en marcha no castro desde finais de xuño.

Recupérase a tradicional romaría dende a igrexa de Cereixa ata o castro, acompañándoa de toda unha programación de actividades dende a mañá ata a noite.

 

 

 

A Pobra do Brollón, luns 7 de agosto 2017

 

O San Lourenzo, non sendo o patrón de Cereixa, é dos santos máis queridos da parroquia. Dende sempre, comentouse entre os veciños que o sitio do santo non era a igrexa, senón que viña do castro e que ás veces enfadábase e escapaba de volta alí.

 

 

 

O proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo recupera por segundo ano consecutivo a tradición de levar o santo en procesión ata o castro. Alí queda a talla de San Lourenzo ao longo da xornada festiva, nas ruínas escavadas do que podería ser a antiga igrexa parroquial de Cereixa, a "igrexa de San Lourenzo".

 

 

 

Os resultados da primeira campaña de escavación o ano pasado xa indicaban a existencia dun antigo edificio relixioso. Este ano, os restos atopadas – que inclúen once tumbas medievais – reforzan esta idea e suxiren un centro relixioso altomedieval que posiblemente foi o xermolo da actual parroquia de Cereixa.

 

 

 

 

Festa dende a mañá ata a noite para todas as idades

 

A festa comeza ás 11:30 cunha misa en honra de San Lourenzo e seguidamente iniciarase a procesión coa imaxe do santo ata o castro. Xa no castro, sobre as 13:00, haberá unha sesión vermú. Para a comida, haberá un restaurante ambulante ao pé do castro que ofrecerá churrasco e polbo.

 

 

 

Ás 16:00 iníciase a programación de visitas guiadas ao castro e as actividades para nenos. Os rapaces poderán probar a ser arqueólogos por unha tarde no "arqueocampo" e tamén facer cerámica grazas ao obradoiro de olería castrexa da Fundación Terra Termarum.

 

 

 

Cara ao final da tarde, ás 19:00, comezarán as actuacións entorno ás lendas asociadas ao castro. Aproveitando o espazo do "burato dos mouros", unha antiga galería mineira, e coa muralla do castro a modo de chanzo natural, os asistentes poderán gozar dunha sesión de historias e música a cargo do actor Avelino González, o músico Pablo Camarero, o arqueólogo Xurxo Ayán e o artista polivalente Suso O’Corenta.

 

 

 

Sobre ás 21:00 a Asociación de Veciños María Castaña ofrecerá unha cea popular que servirá para repoñer forzas para unha noite que sigue cargada de actividades. Primeiro actuará o grupo de folk O Garabelo para despois dar paso a unha actividade de astronomía na que experto guiará a observación das Perseidas, a chuvia de estrelas fugaces tamén coñecidas como as "bágoas de San Lourenzo". A festa rematará xa pasada a medianoite cunha queimada.

 

 

 

 

San Lourenzo: unha festa, un castro e un proxecto

 

A Festa do San Lourenzo enmárcase no Proxecto de San Lourenzo, que comezou en 2016 promovido pola Asociación de Veciños María Castaña. Trátase dun proxecto de arqueoloxía en comunidade que ten como obxectivo a escavación do Castro de San Lourenzo e a dinamización da parroquia de Cereixa e o seu entorno.

 

 

 

O Castro de San Lourenzo é un castro mineiro romano clave para entender a estratexia de minería de ouro na zona e as vías de comunicación que conectaban a Terra de Lemos con outros lugares do Imperio. O castro foi reocupado en época medieval e moderna para usos diversos e nunca perdeu a súa importancia para os veciños. A rentes do castro pasa o actual Camiño de Inverno a Santiago, reaproveitando esas ancestrais vías de comunicación.

 

 

 

 

Ampliación das visitas guiadas

 

Dentro do proxecto tamén se ofrecen visitas guiadas gratuítas ao castro e á parroquia de Cereixa. A previsión inicial era mantelas ata o 15 de agosto, pero en vista da demanda, a organización decidiu ampliar ata o 31 de agosto.

 

 

 

Ata o 15 de agosto, hai visitas diarias ás 11:00 e ás 19:00 (excepto o día da Festa do San Lourenzo). De luns a venres o punto de encontro é no cartel ao pé do castro. O sábado e domingo, as visitas parten da Parrillada O’Fogón para dar un paseo por Cereixa ata o castro.

 

 

 

A partir do 15 de agosto, redúcense a frecuencia das visitas. De martes a venres haberá unha pase diaria. As visitas sairán dende o cartel ao pé do castro ás 19:00. Os sábados e domingos mantense as dúas pases ás 11 e ás 19, así como o punto de encontro na Parrillada O’Fogón.

 

 

 

Para máis información das visitas, pódese consultar a páxina de Facebook do proxecto (Sanlourenzo.net), escribir a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou chamar ao teléfono 666435832.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...