Irmandade con festival portugues

XornalGalicia  28 Julio 2017  106 votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O FICBUEU avanza na internacionalización irmandándose co festival Avanca en Portugal

As curtas premiadas o ano pasado proxéctanse hoxe no municipio de Estarreja e en setembro verase cinema portugués en Bueu

 

Bueu, 28 de xullo de 2017. O FICBUEU avanza na senda da internacionalización establecendo un irmandamento co festival de cinema Avanca, que nestes momentos desenvolve a súa 21ª edición en Estarreja. Os filmes premiados o ano pasado amósanse hoxe na localidade lusa, mentres que en setembro será o público de Bueu quen goce das curtas portuguesas.
O Cinema Dolce Vita Ovar acolle ás 17.15 horas a proxección de ‘Piknik’ (Alemaña), ‘Esel’ (Austria) e ‘Eco’ (Galicia), gañadoras respectivamente da Ánfora de Ouro, a Ánfora de Prata e o Premio á Mellor Curtametraxe Galega no 9º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. Como contrapartida, o 15 de setembro desenvolverase dentro da programación do FICBUEU 2017 a sección Irmandade. A partir das 18 horas visionaranse no Centro Social do Mar as obras portuguesas ‘Sendas’, ‘A festa do nosso menino São Gonçalinho’, ‘Landing’, ‘Your turn’, ‘Foi o fío’ e mais a brasileira ‘A felicidade mora aquí’. As tres primeiras resultaron premiadas na anterior edición do festival Avanca.
Por outra parte, o corresponsable da programación do FICBUEU 2017, Severiano Casalderrey, atópase nestes intres en Portugal para formar parte do xurado da sección Competición Avanca, canda especialistas do país veciño e de Marrocos. Pola súa banda, o director do certame que se celebra ata o vindeiro domingo en Estarreja, António Costa, participa no xurado internacional do 10º Festival de Curtametraxes de Bueu.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Lunes, 14 Agosto 2017
Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...