A CIG chama a clase traballadora a participar nos actos do Día da Patria

XornalGalicia  25 Julio 2017  468 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A central lembra que é unha data festiva mais tamén de reivindicación do noso dereito a decidir

Con motivo da celebración o vindeiro 25 de xullo do Día da Patria Galega, a CIG chama a clase traballadora a participar nos actos que o nacionalismo galego celebre en Galiza e, nomeadamente, en Santiago de Compostela. Unha data de celebración, mais tamén de reivindicación do dereito que temos as galegas/os a decidir por nós mesmas/os o noso futuro como nación, a autogobernarnos e a poder vivir e traballar na nosa terra nunhas condicións dignas.
 
 

A celebración deste 25 de xullo coincide cun momento de revitalización da mobilización social que demostra que a loita contra os recortes impostos e contra as medidas que viñeron afondar no capitalismo neoliberal dan os seus froitos. Así o constatan as últimas folgas protagonizadas pola CIG no centro de atención a emerxencias 112 ou no transporte de viaxeiros/as por estrada. Mais tamén aquelas que se manteñen con coherencia e firmeza, como en Ferroatlántica, contra un modelo económico colonial que espolia os nosos recursos naturais; no sector do metal da provincia da Coruña por un convenio digno que permita mellorar as condicións laborais e salariais e eliminar a precariedade ou en obras públicas como a da ponte de Rande, onde se impoñen abusivas condicións laborais con graves consecuencias para a vida dos traballadores/as
 
Loitas, todas elas, consecuencia de todo un conxunto de políticas de recorte de dereitos, salarios, investimento e gasto público e tamén das liberdades públicas; do incremento da precariedade laboral e do debilitamento da negociación colectiva; de redución de impostos ao capital mentres se lle incrementan á clase traballadora. En definitiva, políticas que pretenden debilitar a clase traballadora no económico, no político e no organizativo.
 
Ao tempo que se empobrece a clase traballadora, as grandes corporacións económicas, o capital financeiro, seguen a incrementar os seus beneficios e a concentrar un maior poder económico e político. O capital controla e pon ao seu servizo aquelas institucións financeiras e políticas (Comisión Europea, Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional, etc.), que funcionan á marxe da opinión e do control da cidadanía, e que son as que ditan as políticas económicas, sociais e laborais a aplicar por parte dos gobernos e dos parlamentos, na grande maioría dos casos en mans das forzas políticas maioritarias da dereita (PP) e da socialdemocracia (PSOE) comprometidas co sistema neoliberal.


Necesidade de soberanía política

 
Altos niveis de desemprego, avellentamento e perda de poboación activa, emigración da xente moza; deterioro dos nosos sectores produtivos (leite, pesca, naval...); apropiación do noso aforro e da enerxía que producimos; alleamento do noso sector financeiro; deterioro dos servizos públicos; perda de galegofalante; afondamento na españolización da sociedade galega con menosprezo e infravaloración do propio, comezando polo noso idioma e seguindo polas nosas potencialidades económicas e humanas.
 
Todo isto enfróntanos a unha situación que levamos moito tempo a padecer e que dificulta o noso desenvolvemento pleno como pobo no económico, no social, no cultural, no idiomático e no político. A iso contribúe sen dúbida algunha, neste momento, a incompetencia manifesta da Xunta de Galiza e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, incapaces de ofrecer alternativas e saídas centradas nos intereses das clases populares galegas. Pero tamén inflúe de forma determinante a falta de soberanía política de Galiza e o papel que tradicionalmente xogamos, no contexto do Estado e da Unión Europea, de nación colonizada, espoliada, subministradora de man de obra, materias primas e aforro.
 
Neste contexto, cobra aínda máis forza a necesidade de termos soberanía política para poder estabelecer os mecanismos axeitados para unha mellor defensa dos nosos sectores produtivos básicos, para modernizar as nosas infraestruturas e servizos sociais, para levar adiante unha política de emprego propia, para potenciar unha economía autocentrada ao servizo e en beneficio da maioría social. A dependencia favorece as desigualdades sociais, discrimina a nosa cultura e lingua, debilita o noso proxecto colectivo, hipoteca o noso futuro individual e social.
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...