Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xa está todo a punto para a celebración da 10K Carballo, incluído o dispositivo especial de mobilidade que porá en marcha a Policía Local durante a celebración da carreira popular. Ademais dos 1.300 participantes que acapararon todas as prazas dispoñibles (ampliáronse 50 prazas o último día debido á gran demanda) na categoría absoluta, este domingo correrán polas rúas de Carballo outros 641 deportistas de diferentes categorías. En total tramitáronse 1.941 inscricións a través da plataforma online

www.championchipnorte.com

Co dispositivo de mobilidade establecido pola Policía Local, desde o Concello de Carballo preténdense minimizar as molestias á veciñanza, en especial ás persoas residentes nas rúas polas que discorrerán as carreiras. Ás 10 da mañá quedarán pechadas as rúas Gran Vía, Doutor Fleming, Valle-Inclán, Colón e Desiderio Varela, que conforman o circuíto para as categorías xuvenil-cadete e infantil-alevín, e tamén as rúas anexas. A partir das 10.45 o corte estenderase a todo o percorrido da 10K: Saída da rúa Gran Vía e meta na rúa Colón pasando en dúas voltas por Gran Vía, Vázquez de Parga, Ánxel Fole, Enrique Sánchez, Ponte da Pedra, Perú, Luis Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, Avda. de Fisterra, Río Anllóns, Río Sil, Río Lérez, Río Miño,Río Anllóns, Fomento, Camiño Novo, Vázquez de Parga, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela con inclusión de punto de avituallamento a altura aproximada do KM 5,2 na rúa Gran Vía.

Aos veciños e veciñas que teñan garaxes nesas rúas prégaselles que saquen previamente os seus vehículos. Así mesmo, a toda a cidadanía recoméndaselle usar itinerarios alternativos, como a circunvalación da AG-55.

Horarios

Os horarios e as distancias das distintas carreiras poden consultarse no cadro anexo.
Os dorsais e os chips poderán recollerse no edificio do mercado municipal ben o 17 de xuño, de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, ou o mesmo día da carreira, o domingo 18 de xuño, dende as 08.45 horas ata 30 minutos antes da saída de cada categoría. As persoas inscritas deben presentar DNI, licenza federativa e resgardo da inscrición.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...