Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A cita, que se celebrará en Combarro, porá o foco no patrimonio local e na atención á diversidade

O Museo de Pontevedra convertiuse este venres en foco de atracción para os amantes da cultura marítima

tradicional

. Foi con motivo do acto de presentación do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de

Galicia. Un evento bianual organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial Culturmar;

que do 29 de xuño ao 2 de xullo se esforzará por elevar o carácter mariñeiro de Combarro ao seu máximo

expoñente. Serán catro días ateigados de actividades, diurnas e nocturnas, ligadas ao mar, a etnografía e

o patrimonio. Un completo programa que hoxe tivo o seu primeiro anticipo na conferencia “O mar na

historia de Galiza”, impartida polo historiador Bernardo Máiz.

As embarcacións tradicionais de Galicia, e de parte do estranxeiro, xa teñen ben anotadas nas súas

respectivas bitácoras as coordenadas de Combarro. E é que nese porto do concello de Poio agárdase que

se dean cita en pouco máis dun mes arredor dun cento de dornas, bucetas, racús, galeóns, botes,

chalanas e gamelas. Unha ampla representación do catálogo de barcos tradicionais de dentro e fóra das

fronteiras galegas, que durante catro xornadas consecutivas converterá o peirao da vila dos piornos nun

espectacular museo ao aire libre.

A vinculación de Bernardo Máiz co mundo do mar ven de lonxe; e, ademais de contar cun bo número de

ensaios e traballos de investigación publicados, ao historiador tamén lle tocou no seu día dar forma a un

Encontro. Concretamente ao celebrado en Ferrol no 2007; ano no que presidía o Clube Maritimo desa

cidade. Así as cousas, non é de extrañar que a xunta directiva de Culturmar decidise contar con el para dar

oficialmente o pistoletazo de saída á conta atrás cara á próxima cita de Combarro.

A conferencia “O mar na historia de Galiza” foi o primeiro anticipo dun Encontro que, tal e como se

encargaron de explicar o voceiro da xunta directiva de Culturmar, Manuel Sendón; e o presidente do Club

Mariño A Reiboa de Combarro, Xaquín Fabeiro; ofrecerá ao público exposicións, mostras, obradoiros,

proxeccións audiovisuais, encontros músico-poéticos, actividades infantís a actuacións musicais diurnas e

nocturnas. Un amplo programa de actividades que tamén porá o foco na riqueza local, para ofrecer

roteiros e visitas guiadas polos lugares de maior interese natural, histórico e patrimonial do concello de

Poio.

Sesións de navegación adaptada

Ao listado de actividades en terra que se desenvolverán en Combarro do 29 de xuño ao 2 de xullo hai que

engadir tamén as que se realizarán sobre a lámina de auga. As xornadas de navegación serán, como non

podía ser doutro xeito, un dos puntos fortes. E é que será unha oportunidade única de contemplar a ría de

Pontevedra como lucía antano, antes da chegada dos barcos a motor: surcada de velas enchidas polo

vento.

Pero o certo é que, máis aló de visibilizar a riqueza patrimonial que representa a flota tradicional galega, a

intención da organización é achegar a experiencia da navegación a todos os públicos. É por iso que o

programa incluirá actividades e saídas especialmente dirixidas e pensadas para navegantes con

diversidade funcional.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

Miércoles, 20 Septiembre 2017
Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

La Asociación de Vecinos del Ventorrillo según fuentes de Xornal Galicia es la única Asociación de Vecinos de A Coruña que a recibido los fondos destinados a las asociaciones vecinales...