Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Fundación Laxeiro acollerá este próximo xoves 25 de maio, ás 19:30, na súa sede de Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 15), unha lectura dramatizada da obra de Vanesa Sotelo O retrato da Sibila. Organizado pola Asociación Cultural O Castro e a Revista Galega de Teatro, esta lectura inscríbese dentro dos actos que celebran a figura de Maruja Mallo como figura homenaxeada polo Día das Artes Galegas deste ano 2017.

 

O retrato da Sibila é unha obra que recrea temas e motivos da vida e obra de Maruja Mallo e que foi escollida para participar en 365 women a year (365 mulleres ao ano) un proxecto internacional no que dramaturgas de todo o mundo recrean a vida de mulleres extraordinarias da historia. A obra, que será lida polas actrices Sonia Rúa, Merche Pérez, Mónica Sueiro e Rosa Puga, combina os elementos máis relevantes da obra da autora para ofrecer unha visión heterodoxa da figura de Maruja Mallo, na que se conxugan a rebeldía, a visión dunha nova feminidade e a suxeición aos avatares da Historia. O retrato da sibila amósase como unha confrontación dialéctica entre a creación e o devir histórico, entre o compromiso persoal e a solidariedade co colectivo. O retrato dunha artista enfrontada a unha sociedade en descomposición.

A autora

Vanesa Sotelo é dramaturga, actriz e directora teatral. En 2008 traballou como dramaturga residente para o Centro Dramático Galego coa escrita de Estigma –con Rubén Ruibal e Jacobo Paz- e foi seleccionada como artista residente para a mesma institución en 2009 co proxecto Corpo-puta-vaca-berro, xunto con Gena Baamonde e Eva F. Ferreira.

En 2010 acadou o Premio do Xurado do IV Certame Diario Cultural de Teatro Radiofónico con Indoor e o XIII Premi Josep Robrenyo con Memoria do Incendio. En 2011 recibiu o VI Premio Abrente de Textos Teatrais con Campo de covardes. En 2014 foi seleccionada dentro do III Programa de Desarrollo de Dramaturgias Actuales do INAEM para a creación de Nome: Bonita. En 2014 participou da primeira edición do proxecto 365 women a year con O retrato da sibila. A súa é unha das voces máis persoais e recoñecidas da dramaturxia galega actual. Na actualidade, é directora da Revista Galega de Teatro.

A homenaxeada

Maruja Mallo, unha das máis grandes artistas do século XX, foi unha artista multidisciplinar galega e republicana, inconformista, independente, rebelde, transgresora e feminista que reivindicou o seu papel na arte. Veu ao mundo en Viveiro en 1902, co nome de Ana María Gómez González. Xa moza trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas, escritores e cineastas como Federico García Lorca, Margarita Manso, Salvador Dalí, Luis Buñuel, María Zambrano, Rafael Alberti ou Miguel Hernández. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións. En 1932 viaxou a París, onde entrou en contacto co surrealismo (coñeceu a André Breton, Max Ernst, René Magritte, Joan Miró e Giorgio de Chirico entre outros), e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. Influenciada polo surrealismo, a súa pintura cambiou radicalmente,

O golpe de estado de 1936 sorprendeuna en Galiza e tivo que se refuxiar na casa dun familiar, onde estivo agochada varios meses. O seu compromiso coa II República facíalle temer que podía ser albo da represión que inzaba Galiza. En 1937 conseguiu pasar a Portugal e de alí viaxar a América. Pasou o exilio en Arxentina e Estados Unidos. Finou en Madrid en 1995. María Zambrano dixo dela:"Cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdoables: ser libre”.

O Proxecto 365 Women a Year

Este proxecto agrupa autoras que escriben historias sobre mulleres do pasado e do presente para inscribilas na conciencia social, no tecido histórico e na escena contemporánea. A historia está contada dende un punto de vista masculino e iso testemuña un baleiro incomprensible dende a mirada do século XXI: este proxecto axuda a cubrilo dende a escena, así como contribúe a potenciar e promover á obra dramática de mulleres de todo o mundo, iniciando un movemento contra outra gran inxustiza de xénero, a presente na programación escénica mundial.

En las orgías del Partido Popular (sede Mallorca) drogaban y golpeaban a las mujeres “cobraban muy bien”, pero “tenían que someterse a vejaciones como palizas, sobredosis de drogas y a prácticas sexuales violentas”, según los autos del Juzgado..

El expresidente del PP de Palma de Mallorca, José María Rodríguez, y el diputado autonómico Álvaro Gijón, asistían a fiestas con droga y sexo en una finca propiedad de Cursach o en prostíbulos de las islas. El juez de Instrucción 12 de Palma de Mallorca, Manuel Penalva, ha levantado el secreto del sumario y la mierda ha empezado a salir a flote. Cada lunes se organizaban partidas de póker en la finca Puntiró, propiedad del empresario Bartolomé Cursach, y cuando concluía la partida “había auténticas bacanales”....Seguir leyendo..(+)

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

La medida estrella de ahorro en coches oficiales de #XulioFerreiro con el “culo al aire” por el director de Emalsa que se agencia uno a pesar de prohibirlo de forma explícita su contrato.

La medida estrella de ahorro en coches oficiales de #XulioFerreiro con el “culo al aire” por el director de Emalsa que se agencia uno a pesar de prohibirlo de forma explícita su contrato.

  El cargo de confianza de #XulioFerreiro, Sr Jaime Castiñeira no solo cobra más que el Presidente del Gobierno (ver documento) con cargo a los dineros municipales (101.000) euros anuales,...