Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Con este motivo -tal vez a primeira ocasión en que un escritor ou escritora caboverdiano residente no arquipélago visite a comunidade de compatriotas aquí asentados desde 1978-, o IES Perdouro organizou unha intervención educativa coa poesía como elemento de relación fraternal entre os pobos.

 

 
Ás 11:45 da mañá do próximo martes, o alumnado reunirase no patio do centro escolar, onde coñecerá a escritora convidada e con ela compartirá un recital de poesía. Ademais das composicións propias de cada unha das persoas que recite, tamén está prevista a declamación conxunta do poema "Irmáns!, co que Celso Emilio Ferreiro defendeu a convivencia entre os diferentes pobos do mundo ("Por encima de muros e valados, como un irmau che falo").
 
Dado que entre o alumnado do IES Perdouro existe unha porcentaxe elevada de mozos e mozas de procedencia inmigrante, nos últimos anos o centro escolar realizou un grande esforzo humano e económico para o fomento dunha educación inclusiva. Por esta iniciativa innovadora, tanto colectivamente o centro como individualmente varios alumnos e alumnas recibiron diversos premios outorgados por entidades públicas e privadas.
 
Nacida na Calheta de San Miguel (na Illa de Santiago, a mesma en que está Praia, a capital), Amália Faustino é licenciada en Estudos Caboverdianos e Portugueses e ampliou estudos coa licenciatura en Educación (Na Universidadade do Miño, en Braga) e co Mestrado nesta área (na Universidade Clásica de Lisboa). Profesionalmente, ten experiencia educativa en todos os niveis: do ensino primario (en diversos puntos da Illa de Santiago), pasado polo secundario para chegar á docencia universitaria. 
No referente á literatura, aínda que confesa ter escrito poesía desde os 14 anos, Amália Faustino di que a seguridade para publicar chegoulle tardiamente, con motivo dun curso de especialización realizado na Universidade de Cabo Verde por volta de 1990. En 2015 obtivo mención no Premio Internacional da Poesía Nosside (Alianza Global para a diversidade cultural) celebrado na rexión italiana de Calabria, onde foi a única representante das terras africanas.
 
Informacións complementares:
 
1.- Entrevista con Amália Faustina, feita no programa de Radio Escolar: http://www.ivoox.com/proxecto-neo-192-6-quique-roxios-amalia-faustino-audios-mp3_rf_18235274_1.html" moz-do-not-send="true">http://www.ivoox.com/proxecto-neo-192-6-quique-roxios-amalia-faustino-audios-mp3_rf_18235274_1.html (minutos 42:00 a 60:00)
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...