O IES Illa de Tambo de Marín acolle esta semana tres obradoiros de Xornalismo na Escola

XornalGalicia  25 Abril 2017  1166 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
A iniciativa 'Xornalismo na Escola', posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’ para achegar os medios de comunicación aos máis novos, terá esta semana unha intensa actividade no IES Illa de Tambo de Marín con tres obradoiros o martes 26 e o xoves 27.
“Por que os políticos din mentiras e como saber cando as din? Por que chaman Pinocho a Trump? Que é un gabinete de comunicación? Para que sirve o xornalismo? Canto gana un/unha xornalista? Como saber cando algo é un bulo ou fake? Que é iso da idade de consentimento sexual? A min en que me afecta como noticia legal para a xuventude?” son algunhas das cuestións que están a xurdir nos centros onde se celebran os obradoiros da II Edición de Xornalismo na Escola, xunto co interese polo malchamado xornalismo cidadán, co que a xente nova soe pensar que “xa non fai falla que traballen os xornalistas pois todos podemos subir cousas a Internet”… E sen embargo, tras hora e media do taller, os criterios expostos “ábrennos os ollos”, comentan moi a miudo.
Obradoiros que recalan agora en Marín nunha semana excepcional de xornalismo. Así o programa desta semana intensa de obradoiros de xornalismo en Marín é o seguinte:
- Martes 25, IES Illa de Tambo. Entre as 11.30 h. e as 13.00 h. Imparte o obradoiro Víctor Sariego.
- Xoves 27, IES Illa de Tambo. Dende as 8.30 h. ata as 11.00 h. e  de 11.30 h a 13.00 h. Imparte o obradoiro Sara Martínez.   Durante os meses de marzo, abril e maio, os nove xornalistas axudarán a que a xuventude coñeza o funcionamento dos medios de comunicación e tratarán de estimular na mocidade o espírito crítico ante a información e as noticias nos medios de comunicación offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou tamén o que pode supór para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.
O proxecto de Xornalismo na Escola, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscola, é posible grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa e que agora se renova e amplía cunha segunda edición máis ambiciosa. A súa primeira edición levou con grande éxito máis de sesenta talleres de comunicación a case corenta puntos da xeografía galega. Lugares como Arteixo, Arzúa, O Barco, Barro, Cambre, Monforte, Muros, Negreira, Sada ou Salvaterra foron algunhas das localidades ata as que chegaron os obradoiros.
A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...