CONCELLO DE NIGRÁN E DEPUTACIÓN RETOMAN O SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO PARA CUESTIÓN RELACIONADAS COA RECENTE REGULARIZACIÓN CATASTRAL DE FACENDA

XornalGalicia  17 Abril 2017  845 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dous técnicos atenderán novamente aos veciños dende o luns 17 de abril ao venres 28 nas instalacións do Centro de Información á Muller (CIM).

 

Nigrán 13/04/17.- Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra facilitarán novamente o servizo de información e asesoramento á veciñanza sobre a recente regularización catastral feita dende o Ministerio de Facenda e que afecta ás construcións non dadas de alta. Así, dous técnicos estarán a disposición dos interesados dende o luns 17 de abril ao venres 28 de abril de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas nas instalacións municipais do Centro de Información á Muller (carretera pola vía 65, antiga estación de tranvía en Panxón).

O Concello solicitou á Deputación que se repetise este servizo (que estivera nas mesmas condicións do 13 de febreiro ao 3 de marzo) porque este rematou antes de que unha boa parte dos afectados por dito proceso recibiran as correspondentes notificacións, polo que non poideron ser informados acerca dos seus expedientes en particular.

O Ministerio de Facenda do Goberno de España publicou no Boletín Oficial do Estado do 22 de febreiro de 2016 un procedemento de regularización catastral que se aplicará a municipios de toda España, entre eles o de Nigrán. Non se trata dun incremento do valor catastral nin de urbano nin de rústico, senón dunha "revisión daquelas construcións que non estean de alta co fin de garantir a concordancia entre a descrición castastral de bens inmobles coa realidade inmobiliaria", tal e como se recolle no comunicado remitido dende a Dirección Xeral do Catastro ao Concello. No 2016 realizouse este traballo de campo e dende este organismo dependente de Facenda estase a comunicar a situación aos contribuíntes afectados, que agora teñen a posibilidade de obter máis información grazas a este servizo que pon en marcha Deputación e Concello de Nigrán.

Segundo informan, dita regularización excluirá a aplicación de sancións que puideran esixirse polo incumprimento da obriga de declarar de forma completa e correcta as cirscunstancias determinantes da alta ou modificación do procedemento de regularización. A pesar de non aplicar sancións, a Dirección Xeral do Castastro cobrará unha taxa de 60 euros por cada inmoble obxecto da regularización, feito co que se mostra "en absoluto desacordo" o alcalde de Nigrán, Juan González, "porque isto vai supoñer unha carga económica, en moitos casos, máis elevada que o propio tributo".

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...