Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este xoves 23 de marzo, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá ás 19.30 horas a proxección da entrevista de 1981 a María Casares do histórico programa ‘A fondo’ de TVE e un coloquio no que participarán Manuel Lourenzo, Mabel Rivera e María Lopo

Mércores, 22 de marzo de 2017-. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) lembrará a actriz María Casares mañá xoves 23 de marzo ás 19.30 horas na Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12) na Coruña nun acto no que, baixo o nome de ‘María Casares: A fondo’, se proxectará a entrevista que o xornalista Joaquín Soler Serrano lle fixo á actriz en 1981 no histórico programa da TVE A fondo. Tras o pase da entrevista, desenvolverase un coloquio sobre a figura de María Casares no que participaran o dramaturgo e director teatral Manuel Lourenzo, a investigadora María Lopo e a actriz Mabel Rivera, vicepresidenta da AAAG. O coloquio estará moderado polo xornalista Alberto Ramos. Este acto conta coa colaboración de RTVE, que cede a copia do programa para un acto cuxa entrada será gratuíta.

Este acto enmárcase dentro do programa de actividades paralelas que se desenvolven na Coruña pola gala dos Premios María Casares. Dentro dese mesmo programa, tamén se inclúe unha nova cita o vindeiro xoves 30 de marzo no Centro Galego das Artes da Imaxes (CGAI), Rúa Durán Loriga nº10. Ese día, a filmoteca galega proxectará ás 20.30 horas a película Orfeo, de Jean Cocteau. Esta fita de 1950, considerada unha das grandes obras do afamado director galo e un dos grandes títulos do cinema francés, está interpretada por María Casares xunto a actores como Jean Marais, François Pèrier e Marie Déa.

Con estas actividades, a AAAG continúa co compromiso asumido en 2016, ano no que se cumpría o vixésimo aniversario do falecemento de María Casares, de reivindicar e difundir a figura da actriz coruñesa, cuxa carreira a converteu nun referente no mundo cultural francés e internacional. Ademais, a AAAG pretende así a contribuír á recuperación dunha figura de gran importancia nos ámbitos das artes escénicas, a memoria histórica e o feminismo.

Os XXI Premios María Casares contan co patrocinio de institucións como a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic-Xunta de Galicia), Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Padroado da Cultura de Narón, Fundación AISGE e Fundación SGAE. Nesta edición dos galardóns, un total de 13 espectáculos compiten polos 14 galardóns nos que se dividen os premios, sendo os espectáculos con maior número de finalistas O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo, que aspira a 11 premios; Eroski Paraíso, de Chévere, que opta a 8 María Casares; Raclette, de Ibuprofeno Teatro, e Voaxa e Carmín, de ButacaZero e Eme2, que competirán en 5 categorías. A gala, que se celebrará o mércores 29 de marzo, estará dirixida e presentada por Pepo Suevos e Eduardo Alonso recibirá o Premio de Honra Marisa Soto.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

Miércoles, 20 Septiembre 2017
Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

La Asociación de Vecinos del Ventorrillo según fuentes de Xornal Galicia es la única Asociación de Vecinos de A Coruña que a recibido los fondos destinados a las asociaciones vecinales...