A ONGD Enxeñería Sen Fronteiras organiza a o cinefórum “La fuente de las mujeres” no Día Mundial da Auga

XornalGalicia  21 Marzo 2017  879 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

A ONG para o desenvolvemento Enxeñería Sen Fronteiras
Galicia (ESF-Galicia) celebrará ás 18.00 horas do mércores 22 de marzo,
Día Mundial da Auga, o cinefórum “La fuente de las mujeres” Na ETSE
Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (UdC).

A día de hoxe 663 millóns de persoas seguen sen ter acceso a auga
potable consumindo a diario auga con bacterias patóxenas ou outras
sustancias nocivas. A nivel mundial a contaminación fecal é o principal
problema por iso, para asegurar o acceso a auga potable, é necesario
garantir o acceso ao saneamento. Esta actividade concíbese como espazo
de debate e reflexión colectiva, non se busca que os asistentes sexan
suxeitos pasivos senón que se pretende que compartan a súa visión e
experiencias no tempo de debate posterior á proxección e é unha aposta
dentro da liña de Educación para o Desenvolvemento de ESF-Galicia por
achegar outras realidades ao estudantado universitario galego e
establecer un vínculo entre os seus estudos e as desigualdades no mundo.

O cinefórum enmárcase dentro do Proxecto de difusión da Tecnoloxía para
o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base
tecnolóxica e na sociedade galega en xeral que desenvolve en conxunto
ESF e o CEXEF (Centro de Estudos de Xénero e Feministas) da UdC conta co
financiamento da Xunta de Galicia.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Ciudadanos Cs A Coruña critica “el desprecio” de la Marea Atlántica por los Carnavales de Monte Alto

Miércoles, 14 Febrero 2018
Ciudadanos Cs  A Coruña critica “el desprecio” de la Marea Atlántica por los Carnavales de Monte Alto

Miguel Ángel Rosende: “La falta de previsión e interés por los carnavales de la calle de la Torre por parte de este gobierno es indignante” A Coruña 14 de Febrero...