Resume charlas Día do Apicultor 2017

XornalGalicia  03 Marzo 2017  819 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
I Xornada Apícola DAGA Bergantiños

Local: Forum Carballo Data e horario: 4 de marzo, de 10 a 13 h. Organiza: DAGA Bergantiños

Programa: - Presentación da colmea termosolar e antivarroa. - Uso do afumador na colmena.  - Como usar o Varrojet para eliminar a varroa cun so tratamento.  - Como reforzar os nucleos  e as colmenas sin ter que cambialas de sitio.  - Que facer ante a picadura dunha abella.  - Seguro apicola. - Cursos de formación 2017. - Velutina. - Varios

Resume charlas Día do Apicultor 2017

O Día do Apicultor celebrado en Arzúa o pasado 11 de febreiro destacou pola numerosa asistencia de público nas charlas de variada temática, que a continuación explicaremos con detalle.

A necesidade de atopar sistemas de protección das colmeas contra o tártago asiático (Vespa velutina) foi o tema central da xornada. AGA anunciou a constitución dun grupo de innovación con socios que están desenvolvendo varias modalidades de arpa eléctrica. As diferentes experiencias con este aparato foron presentadas na xornada e amosaron a súa efectividade na reducción da presión que sufren as abellas durante o verán, cando son atacadas masivamente pola Vespa velutina.

Preparando o programa de formación de AGA 2017
Nestes momentos AGA está preparando o programa de formación que desenvolverá durante esta primavera e do que enviaremos información detallada durante o mes de marzo. Este ano como novidade incluiremos formación sobre reprodución do apiario que impartirán profesionais do sector. Hai moita demanda de enxames para repoñer as baixas, nas que agora se inclúen tamén as provocadas pola Vespa velutina, polo que é importante aprender a reproducir as nosas colmeas. Faremos tamén uns 20 cursos de iniciación repartidos por toda a xeografía galega, co mesmo formato que anos anteriores, de fin de semana. Tamén ofreceremos formación especializada en cría de raíñas, a cargo de Marcos e Jara Varela de Outeiro de Rei e Apilarouco de Cualedro. Ademais, estamos estudiando a posibilidade de ofrecer un curso sobre apiterapia para formar ós socios e socias sobre a aplicación terapéutica dos produtos da colmea.   
Seguro apícola 2017  
Lembramos que xa se pode renovar a póliza multirrisco de colmeas de AGA, que ten unha validez dun ano dende o 7 de febreiro do 2017. Este ano ten un custe de 1,28 € por colmea, xa que aumentou a valoración da colmea de 72 € a 100 €. O seguro non se renova automáticamente polo tanto os socios e socias que xa o teñan contratado o ano pasado teñen que comunicalo a AGA, indicando o nº de colmeas actual, que ten que coincidir coas que teñan actualizado no caderno apícola. Os que o queiran facer por primeira vez poden poñerse en contacto con AGA e indicar o nº de colmeas e o REGA. Lembramos ademais que para solicitar a subvención do Plan Apícola 2017 é obrigatorio ter un seguro de colmeas, que pode ser a través de AGA ou por conta propia.
Entrega de trampas da velutina
Dende o Día do Apicultor temos en AGA as trampas e atraentes que nos entregou a Xunta para o seu reparto gratuito entre os socios e socias. Para ter dereito a estas trampas os socios e socias deben pertencer ós concellos onde se teña detectado ata agora a Vespa velutina e que figuren na lista aprobada pola Consellería. Para as persoas que non as retiraron todavía, poden facelo nas sedes de AGA en Arzúa ou Santiago e a partir do día 11 de marzo tamén a través das delegacións
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...