'Juana de Vega. Vizcondesa do Arado'

XornalGalicia  02 Marzo 2017  1052 visitas Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O cine chega ao Ateneo co ciclo de películas 'Tres mulleres galegas do século XIX'. A primeira delas será 'Juana de Vega. Vizcondesa do Arado' e poderá ser vista por primeira vez públicamente en Santiago este luns, coa colaboración da Obra Social de Abanca e a TVG. O horario e lugar mudan con respecto a outras semanas: a proxección comezará media hora antes, ás 19.30h. e será no Auditorio ABANCA (Preguntoiro, 23).     
 
O filme, producido por Zenit TV,  céntrase na vida de dona Juana de la Vega e Martínez, figura clave do século XIX, destacada loitadora contra a inxustiza e as desigualdades sociais. A cinta pretende reivindicar a figura desta coruñesa, que tivo unha enorme influencia na vida social e política de España. 
 
Dirixida por Zaza Ceballos, con guión de Miguel Anxo Murado, fotografía de Sergio Franco e montaxe de Gerardo Rodríguez, conta coas maxistrais actuacións de Sonia Castrelo e Luísa Merelas, que encarnan a Juana en dúas etapas distintas da súa vida. Completan o reparto Blanca Cendán, Miquel Insua, Xoel Fernández, Fina Calleja, Iván Marcos, Lino Braxe, Casilda Alfaro, Iria Parada, Luísa Martínez, María Tasende, Adrián Castiñeiras, Ana Sanmartín, Sergio Quintana e Carlos Olalla.  
 
O filme estará acompañado, despois da proxección, dun coloquio aberto ao público con Dª. María José Rodríguez Galdo, Catedrática de Historia e Institucións Económicas da USC, e D. Luis A. Hueso, Catedrático de Historia da Arte (Cine) da USC. O ciclo completarase próximamente co visionado de 'Concepción Arenal, a visitadora de cárceres', producida por Zaza Ceballos, dirixida por Laura Mañá e protagonizada por Blanca Portillo; e 'Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde'. producida e dirixida por Zaza Ceballos e protagonizada por Susana Dans, Manuel Lourenzo, Mabel Rivera e Morris. Todas as películas tratan de mulleres galegas salientables por ser pioneiras na arte, na ciencia ou no pensamento.
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...