89 representantes de 38 concellos participaron na primeira xornada do foro Europa na Provincia, centrada sobre os fondos LIFE para proxectos de medio ambiente

XornalGalicia  26 Octubre 2016  1919 Votos Sección ; Localidades de Galicia

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

En concreto, o encontro reuniu a rexedores e técnicos dos concellos de Ames, Camariñas, Narón, Curtis, Poio, Mugardos, Culleredo, Dodro, Coristanco, Dumbría, Abegondo, Betanzos, Oleiros, As Pontes, A Pobra do Caramiñal, Miño, Cabanas, Carnota, Carral, Ferrol, Lousame, Cariño, Ponteceso, Tordoia, Paderne, A Coruña, Arzúa, Sobrado, As Somozas, Teo, Santiso, Rois, Coirós, Santiago de Compostela, Melide, Cedeira, Laxe e Santa Comba, ademais de representantes de outras entidades coma a Fundación Galicia Europa, a Policía Local de A Coruña ou o Instituto Tecnolóxico de Galicia.

Trátase da segunda edición desta iniciativa impulsada por Europe Direct, o centro de información da Comisión Europea dependente da Deputación, que pretende formar aos responsables de entidades locais para coñecer os programas de financiamento europeos e preparar propostas con garantías de éxito.

O encontro, que ten lugar na sede da Deputación ata o día 28, foi inaugurado polo deputado de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, quen recordou que os programas de financiamento da Unión Europea son unha oportunidade para "colaborar con outras rexións, promocionar o patrimonio e innovar". José Luis García tamén resaltou a importancia de establecer contactos con outros concellos para acadar "dimensións competitivas a nivel internacional" e de coñecer as características específicas de cada programa para "aumentar as posibilidades de obter financiamento comunitario".

Pola súa banda, Amparo Taboada, responsable de Europe Direct A Coruña insistiu en que a pasada edición do foro tivo "retornos moi positivos por parte dos concellos", xa que "facilita o traballo de representantes políticos e traballadores municipais" e a "transmisión de información e experiencias entre institucións".

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...