Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este pasado 16 de outubro comezou a tempada de caza para as preto de 50.000 licenzas que existen en Galiza. A Lei 13/2013 de caza de Galiza é unha norma feita por e para os cazadores, aos que lles concede case en exclusiva os dereitos sobre grande parte do monte galego durante o periodo hábil (nesta tempada, do 16 de outubro ao 6 de xaneiro de 2017), sen contar batidas e "campionatos". A norma obvia que a caza é unha actividade máis do medio rural que debería compartir o mesmo territorio con outras actividades, buscando a compatibilidade dos usos en troques de apostar pola imposición.
Unha mostra dos privilexios dos que goza a actividade cinexética por riba doutros usos, é que a persoa que non queira ceder o aproveitamento cinexético do seu terreo, ten que soportar o custo de sinalización da súa propiedade. Isto supón, nun terreo hábil para a caza, a usurpación de facto dos dereitos de propiedade: se non queres que se cace no teu terreo, tes que solicitalo expresamente e pagar, dándose un claro prexuízo das persoas propietarias en beneficio dos cazadores que non posúen a terra mais fan predominar os seus dereitos sobre ela.

Como conseguir que as túas terras estean libres de caza

Porén, e malia aos inconvintes dunha normativa demasiado proclive á escopeta, existe a posibilidade de impedir que nas túas terras se practique a caza. Eis os distintos casos:
-Se eres propietario/a dunha ou máis parcelas nas que ti nunca cediches expresamente os dereitos de caza ao Tecor, por seren, por exemplo, terras herdadas nas que non asinases persoalmente a cesión; ou terras mercadas cos dereitos cedidos polo anterior propietario; abondará con colocar nas parcelas uns cartaces ou letreiros visibles que indiquen "Prohibido cazar" ou "Prohibido o paso" (non existe un modelo ou deseño oficial en Galiza). Estes sinais (que deberás custear ti) deberán estar colocados no perímetro ou nos accesos practicables das respectivas fincas (art. 17.2 da Lei 13/2013). Sería tamén interesante que, alén de prohibir directamente a actividade da caza nas túas terras, solicites a maiores a segregación das parcelas do Tecor. Por lei, debe haber unha porcentaxe de terras do Tecor catalogadas como zona vedada, e o sector da caza adoita aproveitar esas nas que se prohibiu a caza para sinalalas como vedado (art. 19). Mais de segregares as túas terras, xa non poderán computalas como parte do Tecor e deberán localizar as zonas vedadas noutras parcelas, ampliando así a superficie non cazábel.
-Con anterioridade asinaches a cesión das túas parcelas ao Tecor, e agora queres segregalas. Neste caso deberás presentar unha solicitude de segregación das túas parcelas do Tecor. Para iso, e se tes as escrituras das terras, abonda con achegalas na Consellaría de Medio Ambiente xunto cunha instancia de solicitude de segregación.   Se non tes as escrituras, podes dirixirte ao teu Concello e solicitar alí un documento selado coa listadxe de parcelas catastrais ao teu nome, no cal se certifica que eres o propietario/a. Con esta listaxe, e igual que acontecía coas escrituras, debes solicitar por escrito á Consellaría de Medio Ambiente a segregación desas terras do Tecor.      
No último ano, a cantidade de solicitudes de segregación dos Tecores medrou de xeito exponencial, malia a unha normativa hostil. Xa vimos que estes trámites supoñen molestias e custes adicionais, tan só para recuperar a titularidade plena das túas terras e impedir que se cace nelas, mais paga a pena. Este é o único xeito de garantir que o monte poida ser desfrutado por todos/as e non só por uns poucos individos con escopetas.

Ligazóns

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

Miércoles, 20 Septiembre 2017
Según fuentes de Xornal Galicia el registrador de la web de Marea Atlántica y – Vicepresidente: Manuel Aníbal Rodríguez de la Asociación de Vecinos del Ventorrillo "es la única que recibe subvenciones del Concello".

La Asociación de Vecinos del Ventorrillo según fuentes de Xornal Galicia es la única Asociación de Vecinos de A Coruña que a recibido los fondos destinados a las asociaciones vecinales...