Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

93.000 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social

Información
20 Octubre 2023 - Xunta de Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 3907 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

alfonsorueda fakenewsenaguardaSupoñen case o 25% da infancia e adolescencia en Galicia
A Plataforma de Organizacións de Infancia reclama medidas como elaborar o Plan de Apoio ás familias monoparentais; apoiar ás familias con menores a cargo con discapacidade; crear un plan de choque contra o abandono e o fracaso escolar; ou incrementar o número de familias de acollida para a infancia tutelada pola administración
Con todo, Galicia sitúase como a quinta comunidade con menor taxa de pobreza e/ou exclusión social na infancia
España ocupa o primeiro posto da Unión Europea en taxa de pobreza infantil, co 27,8 %

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023. O 24,9 % da infancia menor de 18 anos en Galicia vive en risco de pobreza e/ou exclusión social (taxa AROPE polas súas siglas en inglés -At risk of poverty and/or exclusion). Esto supón que 93.000 nenos, nenas e adolescentes na comunidade autónoma están nesta situación, segundo se desprende da Análise da Enquisa de Condicións de Vida con enfoque de infancia elaborado pola Plataforma de Infancia en colaboración coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG).

Históricamente, Galicia mantén taxas AROPE entre a poboación infantil inferiores á media nacional; tan só no 2008 e no 2020 foron superiores. En 2015, como consecuencia da crise económica, a taxa AROPE da infancia incrementouse en 7 puntos, se ben houbo unha recuperación paulatina que propiciou que en 2018 a taxa de pobreza e/o exclusión social entre a poboación menor de 18 anos alcanzará o seu mínimo histórico, do 20%. Nos seguintes anos, os datos para os nenos, nenas e adolescentes en Galicia foron incrementándose. En 2020 alcanzou o seu máximo histórico do 33,5%.

Na actualidade, Galicia sitúase como a quinta comunidade autónoma con menor taxa de pobreza e/o exclusión social na infancia. Con todo, conta cunha renda media por unidade de consumo de 18.093€, o que supón 1.067€ menos que a media nacional. Ademais, é unha comunidade envellecida, que conta con 374.000 menores de 18 anos, o que supón o 4,6% do total de nenos, nenas e adolescentes de España, só por detrás de Asturias.

En vista dos datos, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia propón unha serie de medidas que se concretan en traballar na elaboración do Plan de Apoio ás familias monoparentais, para facer fronte aos elevados índices de pobreza que padecen; apoiar ás familias con nenos e adolescentes a cargo con algún tipo de discapacidade; poñer en marcha un plan de choque contra o abandono e o fracaso escolar; acelerar a tramitación de bolsas de alimentación para familias de baixos ingresos con fillos a cargo; poñer énfase no desenvolvemento das zonas rurais, para que os nenos, nenas e adolescentes que viven nesas zonas non teñan que abandonalas por falta de recursos, servizos ou oportunidades; incrementar o número de familias de acollida para a infancia tutelada pola administración; medidas de acceso a unha vivenda digna, adecuada e accesible; así como simplificar o acceso á Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) e o Ingreso Mínimo Vital (IMV), entre outras medidas.

España ocupa o primeiro posto da Unión Europea en taxa de pobreza infantil (27,8 %). Ademais, aproximadamente 1 de cada 10 nenas, nenos e adolescentes no noso país experimentan carencias materiais severas, sendo o único indicador do AROPE que aumentou no último ano en España, situándose no seu máximo histórico desde que se teñen rexistros, con niveis superiores aos da crise económica de 2008.

DESCARGAR INFORME AQUÍ:
https://www.plataformadeinfancia.org/documento/analise-da-enquista-de-condicions-de-vida-con-enfoque-de-infancia-2023-galicia/

Sobre a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) é unha entidade que aglutina a 37 entidades co obxectivo principal da protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas do 20 de novembro de 1989.

Nace para defender, protexer e promocionar os dereitos fundamentais da Infancia recollidos na Convención dos Dereitos do Neno de 1989.

O seu interese é incrementar o benestar da Infancia e denunciar e facer seguimento das situacións que vulneren os dereitos das persoas menores de idade.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV