ESÍXELLE Á XUNTA QUE EXPLIQUE O QUE FIXO COS PRETO DE 500 MILLÓNS DE EUROS DESVIADOS AO SERGAS

Información
05 Septiembre 2024 - Sergas - Correo electrónico - Imprimir - 927 votos

Patricia_Iglesias_050924_01.jpg

Patricia Iglesias alerta da “opacidade e falla de control financeiro” no gasto sanitario do goberno galego

Santiago de Compostela, 05 de setembro de 2024. A portavoz de Transparencia e Calidade Democrática do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, esixiulle hoxe ao goberno galego que explique o que fixo cos 489 millóns de euros que desviou ao Sergas no ano 2022. Iglesias presentou, na Comisión de Sanidade celebrada hoxe no Parlamento, unha pregunta sobre o informe do Sergas que revela un serio problema de opacidade e falla de control financeiro na xestión da sanidade galega.

A responsable socialista alertou do “descontrol” nas contas do Sergas, xa cuestionados polos escándalos de contratos millonarios para beneficiar ao entorno do anterior presidente da Xunta e actual líder do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo. Segundo o Consello de Contas, o Sergas persiste na práctica de desviar ao longo do ano fondos adicionais que non estaban incluídos no Orzamento inicial, que neste caso representan preto do 11 por cento do total.

 

Ademais, a lista de irregularidades na xestión sanitaria continúa coa práctica reiterada de desprazar gastos dos exercicios anteriores, ata o punto de que en 2022 rexistran 67,9 millóns de euros de anos anteriores e deixan sen rexistrar 70,8 millóns de euros que son desprazados aos anos seguintes.

 

E continúan co uso indebido do fondo de continxencia, un gasto para emerxencias que é dedicado a gastos de persoal, mentres deixan á marxe do orzamento e da Conta xeral ás fundación de formación e investigación, como son a Fundación profesor Novoa Santos, o instituto de investigación de Santiago de Compostela ou a Fundación Biomédica Galicia – Sur.

 

Patricia Iglesias afeoulle ao goberno galego que siga sen atender ás chamadas de atención do Consello de Contas, que alerta da falla dun sistema integral de contabilidade, de acordo co Plan Xeral de Contabilidade Pública, polo que non existen o balance nin a conta de resultados económico – patrimonial.

 

E todo isto, dixo, porque o goberno galego non quere recoñecer que o Orzamento que lle dedica á sanidade pública é insuficiente para garantir un servizo público de calidade e que Galicia é a décima Comunidade Autónoma en orzamento sanitario, ao dedicar tan só 1.705 euros por cada cidadán.

 

Falla de pulo político

 

A tamén portavoz de Economía do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, interveu previamente na comparecencia do director da Oficina de Coordinación Económica da Xunta de Galicia, a quen lle afeou a falla de política económica do goberno galego. Dixo que esta se traduce en que a economía galega medra menos que en España, a inflación é superior ao conxunto do Estado, o caos das renovables “é un feito”, o emprego industrial segue estancado e o emprego medra menos.

 

Iglesias puxo o caso da planta de Altri como “exemplo da súa parálise e inacción”, ao convertelo nun “proxecto político” ao declaralo como proxecto estratéxico pero que a día de hoxe aínda non aclararon como pretenden financialo, máis alá de que “o único secuestro que hai con este proxecto é o secuestro de información e de falta de transparencia

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV