AGDSP "Rexeitamos de forma rotunda e contundente o proxecto da Xunta de permitir aos médicxs compatibilizar a sanidade pública co traballo nun centro privado concertado."

Información
25 Enero 2023 - Sergas - 17198 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

arquitecturapiramidaldesociedades nachovidalChama a atención, que cada vez que a Xunta toma decisións sobre a sanidade pública sempre é para privatizala ou desmontala, pasando recursos humáns e económicos ás corporacións sanitarias privadas, e chama aínda máis a atención: a satisfacción dos colexios médicos, cuxa función esencial tiña que ser: a de vixiar o cumprimento da deontoloxía médica e das leis. Agora, ca decisión do goberno galego de retorcer a legalidade para ceder aos centros privados xs xefxs de servizo e especialistas do Servizo Galego de Saúde, incumplen a normativa legal.

            Aínda que a Xunta busque subterfuxios, dicindo que concerta patoloxías concretas e non centros privados en xeral, segue a incumprir de forma flagrante unha lei de rango superior, e isto é moi grave. Polo tanto a AGDSP manifesta o seguinte:

            1º.- A lei de Incompatibilidades dxs empregadxs públicos é moi clara. Segundo a súa redacción, xs médicxs do SNS non poder cobrar dous salarios públicos, incluíndo a efectos desta lei como salario público o dxs traballadorxs dos centros concertados. Resumindo, xs médicxs do Sergas non poden traballar en ningún centro concertado, independentemente das patoloxías e xs pacientes que atendan.

            2º.- A lei tamén advirte que xs médicxs non poden atender na súa privada a pacientes da área sanitaria a que pertencen, xa que lles corresponde atendelos na súa consulta dos centros públicos, evitando conflitos de intereses e favoritismos.

            3º.- Esta decisión do goberno de Rueda, non só e ilegal, senón tamén inexplicable, dada a falta de médicxs no sistema público e as enormes listas de agarda, incrementadas na pandemia. Aínda estamos á espera do plan do goberno popular desde o fin do confinamento, en xuño de 2020 (e xa van dous anos e medio) para poñer o Sergas a toda máquina e que xs pacientes sexan atendidxs en tempo e forma, que están chegando moi tarde e as veces as súas enfermidades están demasiado avanzadas e xa non poden ser curadxs.

            4º.- Despois de agardar por un plan do goberno desde hai máis de dous anos (Conclusións dos traballos das 15 Comisións Técnicas do Consello Técnico de AP de Galicia) para incrementar a actividade no Sergas e facer polas tardes as consultas, cirurxías e probas diagnósticas que non puideron facerse, que contaría coa participación de moitxs profesionais, o goberno da Xunta nos sae con esta ocorrencia ilegal: a de abrir as portas da privada de par en par, co único obxectivo de atender ás peticións das empresas sanitarias, que queren quedarse cxs profesionais da pública a baixo prezo.

            5º.- Pagarlles a exclusividade xs que traballan tamén na privada, xa é un despropósito e a desmotivación para xs empregadxs públicos que non ven compensada a súa dedicación en exclusiva a Sanidade Pública Galega.

            6º.- As malas condicións económicas e laborais dxs profesionais médicxs, teñen moito que ver con este pruriemprego entre xs médicxs.

 

Exiximos a retirada desta medida e o cumprimento da legalidade

 

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

Categoría de nivel principal o raíz: Xunta de Galicia
Categoría: Sergas
Visto: 17198