Persoal investigador posdoutoral da Xunta de Galicia denuncia “agravio comparativo” co persoal posdoutoral doutras convocatorias.

Información
17 Noviembre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1852 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O persoal investigador posdoutoral en formación da Xunta de Galicia na Universidade de Vigo segue denunciando o agravio comparativo que supón a limitación de 30 horas de docencia anual, limitación que noutras convocatorias de ámbito estatal sitúase entre 80 e 100 horas ao ano, e que incluso nas propias axudas predoutorais da Xunta é de 60 horas anuais. Esta decisión arbitraria da Xunta imposibilita “de facto” adquirir competencias esenciais para a incorporación efectiva do persoal formado nas Universidades do SUG ao sistema Galego de I+D+i.


O programa de axudas á etapa de formación posdoutoral pretende fomentar a adquisición de destrezas e a capacitación do persoal investigador nas súas etapas iniciais. Porén, a limitación imposta na capacidade docente, moi por debaixo das 100 horas que estipula como máximo a Lei da Ciencia, prexudica gravemente a formación do persoal investigador nun ámbito clave para o desenvolvemento da súa carreira profesional.
Así pois, o pasado mes de xullo investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo enviaron un escrito á Xunta de Galicia solicitando a acumulación de docencia. Solicitude que, a día de hoxe, non obtivo resposta por parte da administración galega, denotando un completo desleixo de cara á formación e á consolidación do talento formado nas Universidades Galegas.
Ademais, anuncian que están avaliando diferentes medidas para continuar coa súa reivindicación, pois entenden que esixir a equiparación en capacidade docente cos límites asociados a outras convocatorias de ámbito estatal é unha cuestión de xustiza e necesaria para poder progresar na carreira investigadora

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV