A Audiencia de Lugo condena a un ano de cárcere a un home que estafou 700 euros a un usuario dunha web de compravenda de artigos

Información
30 Octubre 2023 - Hoy es noticia - 1065 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image
 
A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condena a un ano de cárcere a un home que estafou 700 euros a un usuario dunha web de compravenda de artigos. O tribunal considera probado na sentenza que o procesado ofertou, ben por si mesmo ou posto en común acordo con persoas no identificadas, a venda, por 700 euros, no portal milanuncios.com, dunha máquina localizadora de cans e catro colares.
O denunciante, segundo sinalan os xuíces, contactou co acusado o coa outra persoa non identificada en conivencia con el mesmo para adquirir os produtos. O interlocutor solicitoulle á vítima que ingresase os cartos nunha conta titularidade do condenado, “finxindo a súa disposición e vontade de levar a cabo a entrega”, algo que nunca se produciu, a pesar de recibir o pago. Tanto o anuncio como os cartos da conta foron retirados, segundo a resolución, “de maneira case inmediata”.
 
“A autoría do acusado advírtese evidente no presente caso, e isto en base a que o teléfono a través do cal se levou a cabo a negociación figura ao seu nome, así como a conta na que se ingresou o diñeiro e se efectuou a retirada de modo inmediato, así como do propio anuncio que xa non figuraba uns días despois colgado na páxina na que se ofertaba”, destaca a Audiencia na sentencia, contra a que cabe presentar recurso ante o TSXG.  
Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
Categoría: Hoy es noticia
Visto: 1065
Attachments
SENTENCIA PA 4 23 anonimizado.pdf [77.01Kb]
Uploaded Lunes, 30 Octubre 2023 by xornalgalicia