Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

Información
23 Abril 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 637 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño.

Coñecer as aves dende a beira do Miño, un paseo en barco, percorrer a senda do río Furnia ou a do río Tripes, gozar da natureza en rede Natura en Ribadelouro, e mesmo visitar os xardíns ocultos da cidade será posible grazas a esta iniciativa.

A primeira das actividades terá lugar este domingo, 28 de abril, ás 10 h dende a praia da Mariña, no Paseo Fluvial. Será a Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño conducida por dous guías da Sociedade Española de Ornitoloxía, SEO Birdlife. Na mesma contarase con prismáticos, dous telescopios terrestres e unha guía de especies para observar as aves. A duración estimada é de 3 horas e media. Ofértanse 25 prazas. As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 677 41 84 05. Poderase anotar a persoa solicitante e un máximo de tres acompañantes. No momento de cubrir as 25 prazas ofertadas crearase unha listaxe de agarda.

Forma parte tamén desta iniciativa a XX Andaina Solidaria Tudense que se celebrará o sábado 4 de maio organizada polo Club Andatui coa colaboración do Concello de Tui. A inscrición está aberta até o martes 30 de abril en www.andatui.es cun prezo de 12€. Sairá ás 9 h dende a rúa Olímpicos Tudenses para realizar un percorrido de 24 quilómetros até o cumio do Aloia e regreso ao centro de urbano

A terceira das actividades Río Miño, patrimonio natural terá lugar o domingo, 5 de maio, consistente nun paseo en barco, en colaboración con Río Miño en Barco. Haberá dúas viaxes ás 11 h e ás 12 h cun prezo de 6€ por persoa. Vai especialmente dirixido a familias, e ao coincidir co Día da Nai haberá un detalle para as nais. Neste caso a inscrición debe realizarse en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20.

Na fin de semana do 11 e 12 de maio percorrerase o senda do río Furnia. O sábado 11 será o tramo na parroquia de Malvas, con visita á exposición de esculturas de Rai, á igrexa de Malvas, ao aserradoiro e aos muíños da contorna, e o domingo 12 ao tramo na parroquia de Pexegueiro con visita á empresa Trigo y Limpio dedicada á produción de trigo callobre e á elaboración de fariña de trigo natural, xunto á igrexa de Pexegueiro, á ponte do Mosteiro e ao Camiño Real.

Dende o Centro Cultural de Ribadelouro partirá o domingo 19 de maio o roteiro pola Zona de Especial Protección dos Valores Naturais Rede Natura nesta parroquia tudense. O sábado 25 de maio percorrerase o Roteiro da Pedra Santa e río Lagartón. Tanto esta andaina coma a de Ribadelouro contarán cunha actuación musical. As propostas do mes de maio complétanse co Trilho da Fortaleza, que forma parte do calendario de andainas da Eurocidade, o domingo 26 de maio. A inscrición neste caso, cun prezo de 6€, debe realizarse en andatui.es.

Esta iniciativa continuara en xuño co Roteiro Literario pola beira do Miño (sábado 8), a Andaina polo río Furnia (domingo 9), o roteiro polos Muíños do Tripes (domingo 16), o roteiro urbano polos xardíns ocultos da cidade (domingo 23), e rematará coa Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño (domingo 30).

As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo, no correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou no teléfono 677 41 84 05, coa salvidade de que para a ruta en barco a inscrición farase en riominoenbarco.com ou no 662 31 25 20, e para a XX Andaina Solidaria tudense e o Trilho da Fortaleza en andatui.es.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV