Unha mesturanza de políticas de recortes dende a crise, ausencia de unha política de persoal incentivadora, unhas condicións laborais baseada na inestabilidade e a precariedade, o abandono dá planificación e sobre todo dunha manifesta incapacidade para xestionar a Conselleria e ou SERGAS por uns directivos sen formación (nomeados por criterios de amíguesmo e afinidade política), explican o desastre asistencial en boa parte dá Atención Primaria en Galicia durante ou verán.
Algúns exemplos que ilustran esta afirmación, conseguidos pola Plataformas SOS Sanidade Pública :
Ferrol: centros de saúde abertos. Non se cobren pazas de médicxs nin enfermaría; Arteixo: Non se cobren vacacións do persoal ( algúns destxs profesionais xa nin as collen); Ponteareas: De 14 facultativxs consultan, como moito 9, polas tan só atende urxencias; Fisterra: Sen pediatra, on se cobren vacacións; Muxía: Tiñan pediatra ata que lla levaron para Cee. Tampouco se cobren vacacións; Outes sen pediatra; Fornelo de Montes, sen pediatra; Sanxenxo: Non se cobren prazas de médicxs nin enfermaría; O centro de saúde de Vilalonga non pechou grazas a que xs propixs facultativxs organizaron as súas vacacións en quendas; Covelo: Algúns días sen persoal facultativo e deixan enfermaría para as urxencias; Mondariz: De tres facultativxs queda tan só un; Crecente: ten médicx só dous días á semana ata o 16 de agosto; A Cañiza: Non cobren baixas, sen pediatra ata o 16 de agosto; Salvaterra: 1 médico de 3 sen e as urxencias ao H. Álvaro Cunqueiro; Vigo: Centro de saúde de Coia: Citas presenciais de 10 días e peches pola tarde dos centros de saude Pintor Colmeiro; Navia e Lavadores
Detrás desta situación esta a estratexia dá Xunta de Galicia de debilitar e desmantelar un modelo envexado por boa parte dous países dá Unión Europea, para abrir espazo á privatización como demostra que a poboación galega gaste 684 euros anuais en sanidade privada e que o 16,5% da poboacion (446.651 persoas) subscribiran seguros privados , seguros que en moitos casos podemos catalogar de lixo (con listas de espera para atención urxente , meses para acceder a especialidades ou que rexeitan patoloxías complexas para envíalas a sanidade pública). Nos últimos tres anos a cidadanía gasta 50 euros máis en pagar médicos privados
Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública volvemos a recordar a necesidade de incrementar o gasto sanitario publico especialmente o de Atención Primaria ata o 25%, manter os Centros de Saude abertos durante o verán e a exixencia de formación específicas e probas que acceso aos postos de xestión (baseados en criterios de equidade, mérito e formación acreditados); e una política de persoal xusta e incentivadora.
A chegada do veran non pode afectar a asistencia sanitaria da poboación