Confederación Hidrográfica abre expediente polas verteduras contaminantes procedentes da cidade deportiva do Celta

Información
09 Septiembre 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 488 votos
  • A Confederación Hidrográfica Miño-Sil anuncia a apertura dun expediente sancionador contra Real Club Celta de Vigo S.A.D. por vertido directo de augas residuais no monte comunal de Pereiras en Mos.

Tras as denuncias presentadas por Ecoloxistas en Acción ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, este organismo de bacia anuncia a apertura dun expediente sancionador contra Real Club Celta de Vigo S.A.D. por "Vertido directo, sen autorización administrativa previa do organismo de cuenca, de augas residuais procedentes das instalacións de depuración que recolle as augas pluviais e de escorrentía das instalacións de depuración do Real Club Celta de Vigo ao cauce dun regato o día 22/05/2024, no lugar de Pereiras", no concello de Mos (Pontevedra).

 

A denuncia presentada ante a Confederación levaba aparellada, como proba da contaminación, os resultados da analítica do vertido encargada por Ecoloxistas en Acción que reflicten unha altísima concentración de fecais e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes orgánicos habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol. 

 

A organización ecoloxista tamén presentou denuncia ante a Xustiza e o xulgado de instrucción número 2 de Vigo xa notificou a Ecoloxistas en Acción a apertura de dilixencias previas para investigar o vertido contaminante procedente de A Fouteza, a cidade deportiva da SAD Celta en Mos, xa que aprecia posible delito contra os recursos naturais e o ambiente (PROC. ABREV. 929/2024).

 

Para a organización ecoloxista queda claro que o Concello de Mos recoñece xa que a tubería procedente das instalacións do Celta é un emisario do aliviadero dunha cuba de recollida de pluviais e augas residuais dos regos. Esta auga recollida arrastra materia fecal dos abonos orgánicos e compostos químicos dos plaguicidas utilizados no mantemento dos campos de fútbol. Cando a cuba se enche, esta rebosa e se alivia a través da tubería que verte no monte. Isto demostra que o vertido non é inocuo, xa que conten augas resduais contaminantes.

 

Para Ecoloxistas en Acción o vertido contaminante procedente da Afouteza é claramente un delito contra os recursos naturais o ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública. A poucos metros, ladeira abaixo, do vertido atópanse varios mananciais das traídas de auga que corren un grave risco de contaminarse. 

 

“A infltración nos manancias de productos contaminantes pode afectar ás familias usuarias e terse que clausurar as captacións de auga deixando a miles de fogares sen auga de boca”, sinala Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo local de Ecoloxistas en Acción, quen ademais lembra que “no caso de Mos, o concello carece dun servizo municipal de subministración de auga ás casas co que suplir a clausura das captacións veciñais”.

 

https://multimedia.ecologistasenaccion.org/Galiza/Pelotazo-urban%C3%ADstico-Celta-de-Vigo/Vertido-cidade-deportiva-Celta

Anuncio apertura de expediente:

https://www.ecologistasenaccion.org/wp-content/uploads/2024/09/report_Com-Acuerdo-Incoacion-Ecoloxistas-S-36-0073-24-V.pdf

Informe análese vertido:

https://www.ecologistasenaccion.org/wp-content/uploads/2024/09/Agua_residual_cano_grande_ciudad_deportiva_Celta_42o1056.1_N__8o3949.2_W_27-03-2024_0000124315.pdf

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV