Alertamos do aumento de animais enfermos por mor da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

Información
05 Agosto 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 467 votos

Estimamos que as perdas poden chegar a ser de máis de 20 millóns de euros para todas as granxas que se van ver afectadas

Reiteramos a nosa desconformidade ca predominancia festiva da axenda da Conselleira e esiximos atención aos problemas do agro

Lugo, 05 de Agosto 2024. Como cabía agardar, o aumento das temperaturas destes últimos días está a provocar unha maior actividade do mosquito que funciona como principal vector de contaxio de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) na cabana bovina, detectándose un considerable aumento dos casos de animais enfermos nas granxas de vacún de leite e carne.

Como vimos alertando xa dende o pasado ano, esta enfermidade supón grandes perdas económicas para milleiros de granxas de vacún en todo o país, tanto polos animais que morren como polos custosos tratamentos que hai que administrarlles para que saian adiante.

Dende o Sindicato Labrego Galego (SLG) estimamos que a día de hoxe o conxunto destas perdas poden chegar a superar 20 millóns de euros para todas as granxas que se van ver afectadas. Aparte da perda económica derivada da morte dos animais, o gasto en tratamentos antiinflamatorios ou antibióticos para curar o gando afectado, así como os produtos preventivos que se ven obrigadas a empregar as granxas para tentar evitar a propagación da enfermidade, supoñen un grande gasto que pode chegar aos 400€ por animal afectado.

Este incremento dos custos de produción veñen ademais empeorar a vulnerabilidade económica das gandarías, afectadas nestes momentos pola baixada de prezos tanto no sector cárnico como no leiteiro.

O SLG esixe á Consellería de Medio Rural que, ademais de cubrir a morte dos animais, lexisle con carácter inmediato para cubrir o 100% dos citados gastos veterinarios derivados desta enfermidade, así como o lucro cesante provocado tanto pola perda produtiva dos animais que falecen como polos que finalmente sobreviven.

Así mesmo demandamos que deixen de mirar para outro lado e activen todas as súas competencias, así como que dende as oficinas comarcais das zonas máis afectadas se faga chegar información clara a todas as granxas de como actuar tanto para previr os contaxios como logo de contaxiados os animais.

Tamén queremos asemade alertar de que a vacina para a EHE está nunha fase moi inicial, existindo unha grande incerteza no sector ao non termos garantías da súa efectividade, valoración dos seus efectos secundarios... En definitiva, de se imos tirar os cartos nalgo inútil ou problemático, como pasa por exemplo ca vacina da enfermidade da lingua azul.

Os problemas acumúlanse para as granxas galegas. Pero á conselleira do medio rural vémola pasando o verano de festa en festa, obviando respostar a solicitude de xuntanza que realizamos logo do seu nomeamento -e que vimos lembrándolle todos estes meses a través de comunicacións telefónicas e por correo ca Consellaría-.

Conselleira María José Gómez Rodríguez, deixe de andar de romaría e festas gastronómicas e póñase a traballar, comezando por lexislar para cubrir ata o último céntimo de perdas e gastos que van ter as granxas por mor da EHE, por valorar dun xeito serio e claro a efectividade das vacinas e, no caso de contar a mesma con tódalas garantías, establecer un plan de vacinado público e gratuíto.

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV