15 HORAS ININTERRUMPIDAS DE MÚSICA CON TALCO, EL KANKA, TANXUGUEIRAS, DUBIOZA KOLEKTIV...

Información
14 Septiembre 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 1706 votos

O Revenidas, que onte encheu o recinto con 8.000 persoas, propón para hoxe 15 horas ininterrumpidas de música, con nomes como Talco, El Kanka, Xavi Sarrià, Tanxugueiras ou Dubioza Kolektiv

O festival de Vilaxoán remata mañá domingo coa sardiñada popular, a gala de circo solidaria, os concertos a bordo e as actuacións de Caamaño & Ameixeiras e De Ninghures

No presskit tedes unha carpeta diaria coas fotos dos concertos

 

O festival de Vilaxoán afrontra hoxe o seu “día grande” con todas as entradas vendidas e unha oferta de música de 15 horas ininterrumpidas, nas que subirán aos seus dous escenarios 14 bandas, ás que hai que sumar tres sesións desa incombustible animadora que é A Duendeneta. Carlos Crespo e Kris K Dj serán de feito os primeiros en facer soar hoxe a música no recinto do Revenidas, trala apertura de portas ás 11 horas. A Duendeneta fará ademais outras dúas sesións, ás 13.45 e ás 21.20 h.

O Revenidas conta o sábado con dúas presenzas internacionais, a dos italianos Talco e a dos bosnios Dubioza Kolektiv. Talco despezarán ao persoal ás doce e media do mediodía coa súa imbatible combinación de ska e punk. Non lle anda á zaga en canto a axitación e enerxía a proposta doutros vellos coñecidos do Revenidas, Dubioza Kolektiv, coa súa fusión de hip-hop, reggae, dub, rock e folclore de Bosnia.

Sobresae tamén presenza de El Kanka, un dos músicos españois máis aclamados e solicitados e un artista desexado polo Revenidas dende hai xa uns cantos anos e ao que por fin se poderá ver ao carón do mar de Vilaxoán a partir das 20 h.

O Revenidas conta o sábado cunha notable e salientable presenza de grupos galegos. Comezando por Tanxugueiras (17.30 h), a formación galega que a día de hoxe máis público é capaz de congregar, como o demostrou no Coliseum da Coruña. Tamén actuará o grupo galego que seguramente máis concertos ten feito neste 2024, The Rapants (15.20 h). O sábado tamén subirán ao escenario dúas mulleres que representan ao tempo o pasado o presente e o futuro na música galega, Guadi Galego (18.50 h) e Catuxa Salom (11.30 h), que por certo ten antecedentes familiares en Vilaxoán. A presenza galega complétase con Loita Amada (03.00 h), o novo proxecto de Jásper; e Rebeliom do Inframundo (01.50), que ofrecerán un concerto especial no que participarán como convidadas Tanxugueiras, Law, Vértebras, Nadie González, Cousxs, Treintañeras Cañeras e Sonriot, para rematar cunha sesión fin de festa a cargo de La Yaya Dj.

Outros concertos destacados do sábado son os de Los Niños Jesús, o grupo de versións que lidera o xornalista Jordi Évole; Xavi Sarrià, o que fora líder dos míticos Obrint Pas, que ofrecerá no Revenidas o seu derradeiro concerto en Galicia antes da súa retirada; os valencianos Lágrimas de Sangre, que tamén anunciaron este ano a súa despedida; e os tamén valencianos La Fúmiga, unha das últimas sensacións da música festiva levantina.

O PROGRAMA DO DOMINGO

Sempre se conta que o festival Revenidas naceu a partir da sardiñada popular que cada ano se celebraba en Vilaxoán. Non é por tanto de estrañar que esta actividade siga a ser considerada como o epicentro do festival.

A sardiñada Revenidas-Turismo Rías Baixas desta edición terá lugar o domingo 15 no parque de dona Concha e con entrada libre, como todas actividades desa xornada. A partir das 13:30 horas poderanse degustar as que posiblemente son as mellores sardiñas do mundo.

Uutra das actividades emblemáticas do festival Revenidas é a celebración o domingo da Gala de Circo Solidaria. A deste ano dará comezo ás 17.30 horas e estará dedicada en solidariedade co pobo palestino.

A Gala acollerá unha festiva sucesión de espectáculos de maxia, clown, música e circo protagonizados por varios dos nomes máis destacados da escena galega dos espectáculos de rúa. É o caso, por exemplo, de Peter Punk, todo un clásico desta gala; da actriz e narradora compostelán Cris Collazo; de N+1, o proxecto persoal do clown Alfredo Pérez Muíño; da actriz, trapecista e bailarina coruñesa Sue Moreno; do Mago Noel, que presentará o seu espectáculo Que curioso!; e do dúo Jack Jhonson e Jhon Jackson, formado polo artista circense David Varona e o músico e malabarista Jonathan Valencia.

O escenario do Revenidas acollerá o domingo dous concertos, xa pola tardiña. Ás 19.45 h será a quenda de Caamaño & Ameixeiras, o dúo que está a resituar a nosa música de raíz enfatizándoa cun profundo coñecemento da tradición. O derradeiro concerto desta edición do Revenidas correrá por conta de De Ninghures (21 h), a banda revelación do “tradi” galego deste 2024.

Oo domingo tamén haberá tres concertos a bordo do barco do xeito ‘Chasula’; Monoulious Dop (13 h), Sés (15 h) e Fillas de Cassandra (17 h). As entradas para ambos están esgotadas,

A xornada do domingo complétase no musical coas actuacións de Os Terribles de Arousa (12h), Uxía Lambona e A Banda Molona (13h) e a Mekanika Rolling Band (15.30h).

A entrada para todas as actividades e concertos do domingo é de balde.


HORARIOS

SÁBADO 14
11.00: A Duendeneta
11.30: Catuxa Salom (Escenario Vibra Mahou)
12.30: Talco (Escenario Galicia)
13.45: A Duendeneta
14.15: Xabi Sarrià (Escenario Vibra Mahou)
15.20: The Rapants (Escenario Galicia)
16.25: Los Niños Jesús (Escenario Vibra Mahou)
17.30: Tanxugueiras (Escenario Galicia)
18.50: Guadi Galego (Escenario Vibra Mahou)
20.00: El Kanka (Escenario Galicia)
21.20: A Duendeneta
21.50: La Fúmiga (Escenario Vibra Mahou)
23.00: Dubioza Kolektiv (Escenario Galicia)
00.30: Lágrimas de Sangre (Escenario Vibra Mahou)
01.50: Rebeliom do Inframundo (Escenario Galicia)
03.00: Loita Amada (Escenario Vibra Mahou)
Fin de Festa: La Yaya Dj (Escenario Galicia)DOMINGO 15
12.00: Os Terribles de Arousa (Parque Dona Concha)
13.00: Uxía Lambona e A Banda Molona (Escenario Deleite)
13.30: Sardiñada Turismo Rías Baixas  (Parque Dona Concha)
15.30: Mekanika Rolling Band (Parque Dona Concha)
17.30: Gala de circo solidaria (Escenario Deleite)
19.45: Caamaño & Ameixeiras (Escenario Vibra Mahou)
21.00: De Ninghures (Escenario Vibra Mahou)

 

INFO GRUPOS DOMINGO

CAAMAÑO & AMEIXEIRAS

Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) conforman este dúo que ven a resignificar e actualizar os códigos da música de raíz, elevando a mística e a profundidade do seu son e levando a sonoridade da tradición galega e ibérica á virulencia de planos de músicas que se saen das marxes dos xéneros. E fano cunha linguaxe propia e única, con composicións e arranxos persoais e vivos que manteñen a esencia do popular incorporando recursos contemporáneos e situando a emoción en primeiro plano.

DE NINGHURES

O que posiblemente é o grupo revelación en Galicia neste 2024 non podía faltar no Revenidas. Chegan da man dos Concertos Vibra Mahou. Eles defínense coma uns rapaces dos anos 90 que creceron escoitando a grupos como Berrogüetto, Milladoiro e infinitas cancións de infinitos estilos musicais. Por iso, defenden a música feita de raíz e a creación contemporánea que pon en valor a tradición. Teñen os pés na terra pero a súa mirada é completamente global. O seu hit, Morena, é a mellor proba disto.

social youtube xornalgalicia   feed-image

 

QR-Code dieser Seite

Capturala en tu móvil para compartirla o verla más tarde

Aviso Importante

Debido al incremento de accesos y a las limitaciones de capacidad en nuestros diarios digitales, nos vemos obligados a retirar temporalmente la opción de descarga de archivos en formato PDF desde nuestra plataforma online.

Si algún lector desea obtener alguno de los ejemplares en PDF, puede solicitarlo enviando un correo electrónico a info@xornalgalicia.com. Estaremos encantados de atender su solicitud.

Agradecemos su comprensión y apoyo.

Atentamente,
El equipo de Xornal Galicia

 

camisetaARCOIRIS

  • "Camisetas que Transforman Vidas"
  • "Con Cada Camiseta, un Paso Adelante"

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV