Información
Vertedero Municipal de A Coruña

A xustiza declara ilegais as comisións de servizo no Concello da Coruña xestionado por #xulioferreiro que superan os dous anos e "enchen os petos de dietas e pluses aos afins a #mareaatlántica

Información
08 Noviembre 2018 83 votos

EL CONCELLO DE ACORUÑA LITERALMENTE GESTIONA EL AYUNTAMIENTO EN LOS JUZGADOS A GOLPES DE DENUNCIAS DE LOS CIUDADANOS.- O xulgado do contencioso administrativo vén de anular o nomeamento do persoal do Concello da Coruña que permanece en comisión de servizo tras superar os dous anos -o prazo máximo legal-, dando á razón na súa totalidade á demanda presentada pola CIG contra administración local polo uso irregular deste sistema de provisión de postos. A sentenza ordena o cese inmediato destes funcionarios e funcionarias, arredor dunhas 150 persoas, que deberán volver á praza que ocupaban previamente.

 

A resolución ten unha grande incidencia entre o persoal municipal, polo que dende a sección sindical demándase do Goberno que adopte con urxencia todas as medidas para garantir o normal funcionamento da administración e que se cubran os postos "seguindo o procedemento regulado que é o concurso, axustado a dereito".

Un procedemento extraordinario, convertido en habitual

"Levábamos anos denunciando esta situación, ningún goberno nos fixo caso e agora a xustiza dános a razón, coas consecuencias que isto ten para a administración e para o propio persoal", apuntan dende a sección sindical tras coñecer a resolución. "De maneira contundente, asevera o secretario da sección sindical, José María Calatayud, o xulgado dálle a razón á CIG, pois declara ilegais as comisións de servizo que superan os dous anos".

A este respecto, Calatayud subliña que o Servizo de Persoal do Concello da Coruña leva tempo utilizando as comisións de servizo (que é un procedemento de provisión de postos extraordinario) como algo habitual, no lugar do procedemento regulado que é o de concurso. "Se ben o Goberno da Marea non é o responsábel do inicio da totalidade dos postos denunciados, apunta, si é responsábel das sucesivas renovacións".

Calatayud lembra que hai tempo que a sección sindical da CIG vén denunciando esta situación, pero "lonxe de acometer un concurso e regularizar á adscrición dos empregados e empregadas municipais aos diferentes postos de traballo, o Goberno actual continuou promovendo máis comisións de servizo, algunhas mesmo disfrazadas de concursos nos que se engadían restricións ou preferencias, mais só para os postos máis baixos".

Regularizar a adscrición do persoal funcionario

Aínda que a sentenza pode ser recorrida, dende a sección sindical da CIG sinalan que non existen argumentos para a súa apelación, polo que "se o Concello tenta atrasar o contundente fallo do xuíz metendo un recurso, estaríamos ante un acto temerario, tanto polas costas procesuais que carrexaría, como por seguir mantendo no tempo uns nomeamentos arbitrarios para determinados postos".

Neste senso, e dada a elevada afectación da sentenza, a representación da CIG apela á responsabilidade do Goberno municipal para que de inmediato proceda a regularizar á adscrición do persoal funcionario, cumprindo coa legalidade e garantindo a carreira profesional á que teñen dereitos todos os empregados e empregadas das administracións.

200 comisións de servizo

No momento de formalizarse a demanda, a CIG tiña computadas unhas 200 comisións de servizo que representan aproximadamente o 14% do cadro de persoal municipal, composto por unhas 1.500 traballadoras e traballadores. Desas comisións de servizos, arredor de 150 (o 75%) están nunha situación de irregularidade, ao superaren os dous anos máximos que permite a lei para este tipo de provisión de postos.

Imagen de la noticia para dietas xulio ferreiro emalcsa de Xornal Galicia

Los servicios de limpieza afirman que se dieron las ordenes concretas ...

Xornal Galicia-10 oct. 2018
La máquina de hacer dinero "EMALCSA" que preside Xulio Ferreiro ... a renunciar a las dietas de ..... de A Coruña desde su cargo municipal y ...
Imagen de la noticia para dietas xulio ferreiro emalcsa de Xornal Galicia

Por que fallaron los fondos europeos a Xulio Ferreiro ; La Fiscalía ...

Xornal Galicia-5 oct. 2016
Por si esto fuese poco, el Director de EMALCSA Jaime Castiñeiras se .... 6 mil euros al mes, Emalcsa Director más de 10 mil euros al mes, dietas y otros ... El Sr. Xulio Ferreiro Alcalde de A Coruña, se niega a cumplir la Ley ...
Imagen de la noticia para dietas xulio ferreiro emalcsa de Xornal Galicia

@XulioFerreiro pone sueldos con el dinero público a sus "secuaces" a ...

Xornal Galicia-7 feb. 2017
Emalcsa según Xulio Ferreiro es una máquina de hacer dinero y hay .... ascendieron a 580.600 euros, todo esto al margen de dietas que las ...

Xulio Ferreiro, considerado el peor alcalde de toda Galicia, la gran ...

Xornal Galicia-9 sept. 2017
La máquina de hacer dinero "EMALCSA" que preside Xulio Ferreiro ... Mientras siguen rodando cientos de miles en dietas para cargos y ...

La medida estrella de ahorro en coches oficiales de #XulioFerreiro ...

Xornal Galicia-21 jul. 2017
El cargo de confianza de #XulioFerreiro, Sr Jaime Castiñeira no solo ... importe de los sueldos, dietas y remuneraciones en el ejercicio del personal de .... Aguas de La Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro donde A"atesora de ...

Adios a la precariedad de los ediles de A Marea Atlántica, se han ...

Xornal Galicia-7 jun. 2016
@XulioFerreiro y #AMareaAtlántica se niegan a renunciar a las dietas de EMALCSA en favor de los Servicios Sociales de A Coruña, ...

@XulioFerreiro eleva el STATUS de presunta corrupción en María ...

Xornal Galicia-10 nov. 2016
La medida estrella de ahorro en coches oficiales de @XulioFerreiro ... a renunciar a sus dietas de EMALCSA Y FUNDACIÓN en favor de la ...

Xulio Ferreiro dará más preferencia al gasto público para las ...

Xornal Galicia-21 nov. 2016
Concretamente en A Coruña con el Gobierno de Xulio FErreiro se ha .... contra Xulio Ferreiro, EMALCSA y el Concello por vulneración sistemática de los datos ..... el Jubilado de Caión y destinados a pagarse sus propias dietas, comilonas .

Maréa Atlantica condenada a pagar costas judiciales con fondos de ...

Xornal Galicia-1 dic. 2016
El juzgado le recuerda a Xulio Ferreiro Profesor de Derecho Procesal ... adjudicarse dietas en todos los entes del Concello, jugosos sueldos y ...

@XulioFerreiro "telenoro" del candidato que quiere imponer a la ...

Xornal Galicia-17 jul. 2016
@XulioFerreiro y EMALCSA podrían estar estafando a los ... ediles por acaparar todos los cargos posibles para acumular dietas que ya ...
 


esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi