Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Despois de varias reunións, a última o martes 16 de maio, o Concello da Coruña comprometeuse a alterar os pregos de condicións da licitación pública do servizo de mantemento dos museos científicos (Casa das Ciencias. Aquarium e Domus) para garantir os dereitos, tanto de xornada como salariais, polos que leva loitando durante anos o persoal destes servizos.

Diante desta nova situación, a asemblea de traballadores/as acordou suspender as xornadas de folga previstas para os días 17 e 18 de maio, así como a manifestación convocada para a tarde deste xoves.

O prezo da licitación, segundo explica a delegada de persoal, elevarase para adecualo aos dereitos e salarios das e dos traballadores que neste momento xa teñen sentenzas firmes a favor. Así mesmo, o Concello asegurou que ía incluír unha cláusula de reequilibrio para corrixir o prezo inicial no caso de que se vaian producindo novas sentenzas.

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento tamén se comprometeu a engadir unha cláusula aos pregos que impida calquera pacto posterior por parte da empresa concesionaria para reducir os salarios ou dereitos dos/as traballadores/as, situación esta que aconteceu coa empresa saínte (SAMYL).

Desde a CIG-Servizos da Coruña valóranse estes compromisos como satisfactorios, a pesar de non entender "como se puido tardar tanto tempo en entrar en razón e prolongar, así, a e incerteza sobre o futuro dos postos de traballo. Entendemos que estas modificacións facilitarán a concorrencia de empresas serias ao concurso e, en consecuencia, aprazamos as medidas de protesta á espera de que se formalicen por escrito todos estes compromisos".

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro sigue "haciendo negocios con su marea atlántica adjudicándose contratos públicos" según denuncia la Voz de Galicia

Jueves, 28 Septiembre 2017
Xulio Ferreiro sigue "haciendo negocios con su marea atlántica adjudicándose contratos públicos" según denuncia la Voz de Galicia

La mitad de los fondos destinados a proyectos, mediación y comunicación del Laboratorio Cidadán Co-Lab, impulsado por la concejalía de Participación, han sido adjudicados por el gobierno local de la...