Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

#XulioFerreiro segue ao pe do dedo a "casta". O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe na presentación do programa do Fórum Gastronómico A Coruña 2017, xunto co alcalde coruñés, Xulio Ferreiro; o responsable de Trade Marketing de Estrella Galicia, Manel Pérez Piñón; os directores do evento, Pep Palau e Jaume von Arend, e o presidente da asociación Coruña Cociña, Pablo Pizarro.

A Deputación Provincial aporta un total de 218.000 euros para a celebración deste evento que, segundo afirmou González Formoso, converterá A Coruña na "capital da gastronomía a nivel estatal", xa que, ademais dos 200 postos que expoñerán os seus produtos e servizos, durante os tres días do Fórum daranse cita profesionais de renome nos eidos da restauración e das industrias alimentarias, tales como Pepe Solla ou Josep Roca.

Así mesmo, Formoso sinalou que a celebración do evento por sexta vez na provincia da Coruña "ofrecerá un punto de encontro consolidado e un escaparate comercial aos nosos produtores e artesáns, ás industrias, aos comercios, ás asociacións e aos demais actores implicados no eido gastronómico", favorecendo a "creación de lazos e sinerxías tanto entre os participantes galegos coma cos procedentes de toda España e de países como China, Holanda ou Portugal".

Aposta polo turismo gastronómico

O presidente provincial insistiu no "gran prestixio e atractivo para os profesionais" que representa o Fórum, ademais dun pulo a outros sectores vinculados coma a hostalería ou o turismo. Neste sentido, Formoso apuntou que a "conxugación de turismo e gastronomía é unha aposta clave para promocionar a provincia da Coruña", aproveitando a imaxe de calidade coa que contan os produtos e pratos tradicionais galegos.

"Dicir Galicia é dicir gastronomía, e a provincia da Coruña ten os recursos e a capacidade para converterse no centro neurálxico deste tipo de turismo", sinalou González Formoso, e lembrou outras iniciativas que a Deputación leva a cabo co obxectivo de fomentar o turismo gastronómico, entre as que se atopan os stands promocionais na Vuelta Ciclista e no Festival de la Luz, ou a promoción de produtos típicos e artesanais fora das nosas fronteiras en lugares como Londres ou París.

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia tras fracasar en la petición de documentos públicos sobre los letrados y sus compatibilidades en el Concello de A Coruña...