Información
A Coruña

900.000 euros aos servizos de limpeza de praias de 41 concellos da provincia

Información
16 Marzo 2019 91 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación destina 900.000 euros aos servizos de limpeza de praias de 41 concellos da provincia

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a adxudicación do programa de limpeza de praias 2019, a través do cal a Deputación da Coruña repartirá 900.000 euros entre 41 municipios costeiros coruñeses.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, vestiario ou combustible.

 

Segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, "o programa contribuirá, un ano máis, á mellora da imaxe de máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival, e axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que a cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas, unha cifra que espera que sexa similar este ano".

González Formoso destacou que A Coruña é a provincia española con máis quilómetros de costa e que as praias dos concellos costeiros "son un dos principais atractivos turísticos". "A Deputación apoia un ano máis aos concellos da provincia para que os nosos areais estean en condicións óptimas para este verán", apuntou o presidente.

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos na época estival.

As cantidades económicas asignadas son as seguintes:

PROGRAMA LIMPEZA DE PRAIAS 2019

IMPORTE SUBVENCIÓN

Beneficiario: CONCELLO DA LARACHA
Obxecto: Gastos de limpeza de praias de xuño a outubro de 2019

22.219,49€

Beneficiario: CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
Obxecto: Contratación persoal limpeza de praias 2019

23.053,61€

Beneficiario: CONCELLO DE ARES
Obxecto:Campaña limpeza de praias 2019

24.590,51€

Beneficiario: CONCELLO DE ARTEIXO
Obxecto: Limpeza de praias marítimas do Concello de Arteixo

24.590,51€

Beneficiario: CONCELLO DE BERGONDO
Obxecto:Programa de limpeza praias do concello no 2019

23.053,61€

Beneficiario: CONCELLO DE BOIRO
Obxecto:Gastos contratación persoal para limpeza praias 2019

25.205,28€

Beneficiario: CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS
Obxecto:Campaña limpeza de praias 2019

16.250,82€

Beneficiario: CONCELLO DE CABANAS
Obxecto:Contratación cuadrilla limpeza de praias

22.186,70€

Beneficiario: CONCELLO DE CAMARIÑAS
Obxecto: Limpeza de praias marítimas 2019

26.127,42€

Beneficiario: CONCELLO DE CARBALLO
Obxecto:Limpeza de praias no 2019

30.738,14€

Beneficiario: CONCELLO DE CARIÑO
Obxecto:Limpeza de praias no 2019

14.613,14€

Beneficiario: CONCELLO DE CARNOTA
Obxecto:Contratación brigadas de limpeza de praias anualidade 2019

28.893,85€

Beneficiario: CONCELLO DE CEDEIRA


Obxecto:Limpeza de praias no concello no 2019

10.320,85€

Beneficiario: CONCELLO DE CEE
Obxecto:Programa de limpeza de praias marítimas no 2019

20.843,18€

Beneficiario: CONCELLO DE CORCUBION
Obxecto: Contratación servizo Limpeza de Praias 2019

7.535,99€

Beneficiario: CONCELLO DA CORUÑA
Obxecto: Limpeza das praias do Concello da Coruña durante o período comprendido entre o 15/06/2019 ata o 15/09/2019

24.590,51€

Beneficiario: CONCELLO DE DUMBRIA
Obxecto:Limpeza da praia do Ézaro

17.143,78€

Beneficiario: CONCELLO DE FENE
Obxecto: Limpeza de praias marítimas

10.373,60€

Beneficiario: CONCELLO DE FERROL
Obxecto:Limpeza de praias marítimas no 2019

30.738,14€

Beneficiario: CONCELLO DE FISTERRA
Obxecto: Contratación persoal para a limpeza de praias no 2019

25.820,04€

Beneficiario: CONCELLO DE LAXE
Obxecto:Campaña limpeza de praias 2019

25.820,04€

Beneficiario: CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS
Obxecto: Limpeza de praias en Malpica no 2019

22.762,52€

Beneficiario: CONCELLO DE MAÑON
Obxecto:Limpeza de praias no 2019

23.975,75€

Beneficiario: CONCELLO DE MIÑO
Obxecto: Limpeza de praias

24.590,51€

Beneficiario: CONCELLO DE MUGARDOS
Obxecto:Campaña 2019 limpeza de praias marítimas

19.979,79€

Beneficiario: CONCELLO DE MUROS
Obxecto: Limpeza de praias marítimas no 2019

24.590,51€

Beneficiario: CONCELLO DE MUXIA
Obxecto:Contratación persoal limpeza praias

25.820,04€

Beneficiario: CONCELLO DE NARON
Obxecto: Contratación persoal para  limpeza de praias marítimas

21.516,70€

Beneficiario: CONCELLO DE NEDA
Obxecto: Limpeza de praias marítimas 2019

6.768,00€

Beneficiario: CONCELLO DE NOIA
Obxecto: Limpeza de praias 2019

19.362,74€

Beneficiario: CONCELLO DE OLEIROS
Obxecto: Subvención para limpeza de praias marítimas 2019

27.664,33€

Beneficiario: CONCELLO DE ORTIGUEIRA
Obxecto:Programa de limpeza de praias marítimas en Ortigueira no 2019

29.201,23€

Beneficiario: CONCELLO DE OUTES
Obxecto: Campaña limpeza de praias no 2019

7.173,28€

Beneficiario: CONCELLO DE PADERNE
Obxecto:Campaña limpeza de praias no 2019

11.452,51€

Beneficiario: CONCELLO DE PONTECESO
Obxecto:Plan de limpeza de praias

29.201,23€

Beneficiario: CONCELLO DE PONTEDEUME
Obxecto: Limpeza de praias 2019

19.979,79€

Beneficiario: CONCELLO DE PORTO DO SON
Obxecto: Limpeza de praias marítimas Porto do Son 2019

29.201,23€

Beneficiario: CONCELLO DE RIANXO
Obxecto:Limpeza de praias anualidade 2019

21.824,08€

Beneficiario: CONCELLO DE RIBEIRA
Obxecto: Limpeza de praias marítimas no 2019

27.356,95€

Beneficiario: CONCELLO DE SADA
Obxecto:Programa limpeza de praias

23.668,37€

Beneficiario: CONCELLO DE VALDOVIÑO
Obxecto:Limpeza de praias anualidade 2019

29.201,23€

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600